![]() (2023) ![]() | |
Nome orixinal | (es) Carla Delgado Gómez ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de xullo de 1959 ![]() Güímar, España ![]() |
![]() | |
17 de agosto de 2023 – | |
![]() | |
11 de xuño de 2019 – 11 de marzo de 2021 Lexislatura: XI lexislatura da Asemblea de Madrid Electa en: eleccións á Asemblea de Madrid de 2019 | |
![]() | |
9 de xuño de 2015 – 2 de abril de 2019 Lexislatura: X lexislatura da Asemblea de Madrid Electa en: 2015 Madrilenian regional election (en) ![]() | |
![]() | |
7 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015 Lexislatura: IX lexislatura da Asemblea de Madrid | |
Actividade | |
Campo de traballo | Activista LGBT ![]() |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | política, actriz, activista ![]() |
Partido político | Máis Madrid (2023–) Partido Socialista Obrero Español (1997–2022) ![]() |
Sitio web | carlaantonelli.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.[1]
Carla Antonelli naceu en Güímar, Tenerife, nas Illas Canarias. Estudou arte dramática no Conservatorio de Música e Arte Dramática de Santa Cruz de Tenerife. Saíu da súa cidade natal en 1977, xa que naqueles momentos se facía impensable que unha persoa transexual puidese desenvolver a súa identidade de xénero nunha contorna rural.[2] Viviu a fin da ditadura franquista e o posfranquismo de cheo, ademais da persecución policial. En España, ata o ano 1979, as persoas transexuais e homosexuais podían ser encarceadas baixo a Lei de “perigosidade social”.
Activista polos dereitos das persoas transexuais de xeito directo desde 1977, pediu o voto para o Partido Socialista nun medio de comunicación das Palmas de Gran Canaria (antes das primeiras eleccións democráticas), porque argumentaba que sería a formación política que mellor defendería os dereitos das persoas transexuais; a partir de aí, a súa aparición nos medios vén sendo frecuente ata hoxe.
En 1980, gravou o primeiro documental temático sobre transexualidade que se emitiu na Televisión Española (TVE-2). Este documental foi secuestrado pola censura e non se emitiu ata setembro do ano 1981, debido a que arremeteu contra xuíces por non posibilitar o cambio de nome e sexo legalmente. Finalmente, viu a luz logo da frustrada tentativa de golpe de estado á democracia por parte do coronel Antonio Tejero.
En 1997, entrou a formar parte de forma activa no Partido Socialista Obrero Español, sendo Coordinadora da Área Transexual do Grupo Federal LGTB do PSOE. Traballou en grupo no programa electoral onde se incluíu o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a Lei de identidade de xénero para as persoas transexuais. Ademais, por encargo de Mercedes Gallizo, colaborou na redacción da norma que posibilitaba ás mulleres transexuais ingresar nos módulos femininos, sen necesidade dunha cirurxía de reasignación de sexo.
No ano 2004, o PSOE gañou as eleccións e o Congreso aprobou o matrimonio entre as persoas do mesmo sexo, pero a Lei para transexuais adiábase unha e outra vez, e cando se viu perigar a súa saída, Carla Antonelli ameazou ao goberno con iniciar unha folga de fame[3] xunto a presidentas doutros colectivos se o Consello de Ministros non levaba a trámite a normativa. Esta cuestión tivo unha repercusión nos medios a nivel nacional e internacional, e á fin, logo de diversas reunións, o goberno comprometeuse de forma pública a tramitar a lei, cousa que se fixo realidade o 1 de marzo de 2007 e a lei foi asinada polo presidente do goberno e o rei o 17 de marzo de 2007.[4] Esta lei indicaba un prazo de dous anos de tratamento para poder facer a solicitude de cambio nos rexistros, pero permitía facelo sen necesidade de pasar por unha cirurxía de reasignación de sexo.[5]
Foi voceira da Área Transexual da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, transexuais e Bisexuais de España e voceira para os medios de comunicación do Colectivo Transexualia de Madrid logo das violentas agresións a persoas transexuais por grupos de neonazis no Paseo de la Castellana.
Deu charlas en universidades e centros educativos. Participou en Congresos de sexoloxía, como o celebrado en Valladolid en outubro de 2009.[6]
Ten viaxado a Venezuela, Chile[7] e México, convidada por colectivos transexuais destes países a encontros internacionais. En Chile, participou en todas as televisións e en programas de máxima audiencia do país, con entrevistas sobre a demanda dos dereitos de transexuais; en México falou perante a Cámara dos deputados e deu unha conferencia na Universidade de Mérida, no estado do Iucatán.[8]
Foi coordinadora da área de Transexualidade do grupo federal de gais e lesbianas do PSOE.[9] Foi a primeira transexual da Comunidade de Madrid que solicitou que a súa verdadera identidade figurase nos documentos oficiais tras a entrada en vigor da Lei de identidade de xénero en España.[10]
Anteriormente, o 26 de abril de 2006, ameazara con emprender unha folga de fame se o goberno socialista non puña unha data para sacar adiante esta lei.[11][12] O 17 de abril de 2007, o xornal La Razón informou que Carla Antonelli rexeitaba a adopción de medidas «prohibicionistas» contra a prostitución en España, xa que unha alta porcentaxe de transexuais adicábanse ou adicáranse a esta actividade.[13] Antonelli sinalou daquela que a discriminación existente cara a este colectivo á hora de buscar emprego e a ausencia de medidas positivas para fomentalo levaban a moitos transexuais cara a prostitución como único medio de vida, e que ignorar a prostitución voluntaria sería «impoñer de forma fascista un pensamiento único»,[13] deixando claro que apoiaba, sen ningún tipo de fisuras, a persecución en temas de tráfico de persoas ou de explotación.
Carla Antonelli anunciou o 2 de xullo de 2007, a través dun comunicado, a súa saída do Grupo Federal de Gais, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais do PSOE "por motivos de traballo e dispoñibilidade". Antonelli agradeceu "a todas as persoas do PSOE o trato recibido ao longo dos últimos dez anos".[14] Carla Antonelli, que anunciou que deixaba de ser a coordinadora da Área de Transexualidade do PSOE, asegurou á axencia EFE que si era verdade que o PP lle ofrecera asumir ese mesmo posto nese partido, pero que o rexeitara debido a súa "natureza intrínseca" de esquerdas. "Son socialista, de esquerdas e zapaterista, e sería unha absoluta ingratitude que lle fixese isto ao goberno que lexislou un dos meus dereitos principais", afirmou Antonelli referíndose á Lei que lles permite ás persoas transexuais cambiar de nome e xénero no rexistro civil.[15] Nas eleccións autonómicas de 2011 foi elixida deputada na Asemblea de Madrid polo PSOE, converténdose na primeira muller transexual en acceder a un cargo de representación parlamentaria en España.
Participou durante 2016 e dentro do Grupo Parlamentario Socialista na Asemblea de Madrid, na Lei integral de transexualidade da Comunidade de Madrid, que tras dous intentos en anteriores lexislaturas e vetada polo Partido Popular, saíu adiante o 17 de marzo dese ano, coa abstención do Grupo Parlamentario Popular. Esta lei foi rexistrada polo Grupo Socialista, Podemos e Ciudadanos ao unísono, tras o ofrecemento do PSOE de redactala de forma conxunta co consenso dos colectivos transexuais da Comunidade de Madrid. Tamén participou na redacción da Lei contra a LGTBIfóbia aprobada o 14 de xullo de 2016, logo de 140 emendas da oposición, 76 delas do Grupo Parlamentario Socialista.
Carla Antonelli fixo pequenas intervencións en varias series de televisión. Tamén tivo unha personaxe fixa nunha serie de fición de Antena 3:
Carla Antonelli foi La Corifea na obra Lisístrata que se representou durante o Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida no teatro romano da cidade do 29 de xullo ao 8 de agosto de 2010, con Paco León de protagonista.[17] Foi a primeira vez que unha actriz transexual interpretou unha personaxe principal no teatro emeritense. Trátabase de Corifea, líder do coro de mulleres, na obra de Aristófanes. A adaptación do guión estivo a cargo de Joaquín Oristrell e Jérôme Savary, sendo este último quen a dirixiu. A obra converteuse no espectáculo máis visto de toda a historia do Festival de Mérida con 29 346 espectadores nas súas dez funcións.[18]
No ano 2014, presentouse o documental El viaje de Carla, dirixido por Fernando Olmeda, que relata a vida de Carla Antonelli. A cinta resultou a gran triunfadora do XIX LesGaiCineMad (Festival internacional de cine lésbico, gai e transexual de Madrid), xa que conquistou dous dos galardóns máis importantes, os que concede o público.[19] O público elixiu esta historia como Mellor documental (nacional e internacional) e Mellor obra española, o único galardón con dotación económica do festival. El viaje de Carla tamén obtivo o Premio do público ao Mellor documental do X Festival de cine LGTB de Andalucía AndalesGai.[20]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carla Antonelli ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |