-
Carlos Oroza
-
Recitando en Redondela.
-
Enterro de Oroza.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1923 ![]() Viveiro, España ![]() |
Morte | 21 de novembro de 2015 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor ![]() |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Marina Oroza (pt) ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
Carlos Oroza Fernández, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923[1] e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015,[2] foi un poeta galego.
De novo marchou a Madrid, onde comezou a traballar nunha pensión. Na década de 1960 fíxose famoso con recitais por toda España, na liña da poesía beat. Naquel tempo fundou a revista Tropos xunto con Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua. Participou como actor no filme ¿Por qué te engaña tu marido? (Manuel Summers, 1969), e despois pasou un ano en Eivissa. De ideoloxía libertaria e antifranquista, tivo problemas coa súa actividade poética nos anos setenta. A súa adscrición ao movemento beat foi recoñecida nos Estados Unidos, onde recibiu o premio internacional de Poesía Underground en Nova York. En 1975 cantou xunto ao grupo Eclipse, publicando o sinxelo Malú (Ariola, 7"), coas cancións "Malú" e "Evame Malú", dous temas de rock progresivo con influencias tribais e planeantes[3]. En 1985 regresou a Galiza e viviu en Vigo até a súa morte no 2015.
A pesar de non ter unha gran cantidade de obra escrita e publicada (e os seus libros son dificilmente atopables), Carlos Oroza é coñecido pola interpretación e performance dos seus propios poemas.
Recibiu o Premio Laxeiro no ano 2008.
Levan o seu nome un centro de ensino público de Pontevedra[4] e unha pequena rúa peonil de Vigo, que conecta as rúas do Príncipe e de Policarpo Sanz, próxima á Porta do Sol.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Oroza ![]() |