Carpetbagger

Caricatura onde o KKK ameaza con linchar aos Carpetbaggers, en Tuscaloosa, Alabama, Independent Monitor, 1868

O termo carpetbagger naceu nos Estados Unidos no século XIX, como unha denominación política pexorativa. Aplicouse orixinalmente logo da guerra de Secesión, aos norteños que se mudaban aos estados do Sur, entre 1865 e 1877.

A denominación derivaba do termo bolsa de alfombra, ou carpet bag, que era un xeito barato de construír unha maleta a partir dunha alfombra vella. Inicialmente, o termo levaba a connotación de alguén que soamente está interesado en explotar un territorio, sen a intención última de establecerse definitivamente nel. Os carpetbaggers eran brancos das tácticas intimidatorias do primeiro Ku Klux Klan, entre 1865 e 1871.

A partir de 1900, o termo utilizouse para denominar aos políticos que buscan sacar vantaxes en territorios alleos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]