Castelo de Abbadie

Castelo de Abbadie
monumento histórico clasificado, monumento histórico inscrito e Maisons des Illustres

Castelo de Abbadie.
Coordenadas43°22′39″N 1°44′57″O / 43.3775, -1.749167
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Antoine d'Abbadie (en francés: Château d'Abbadia) é un château francés do século XIX, situado na localidade fronteiriza francesa de Hendaia, no departamento dos Pireneos Atlánticos, construído segundo o deseño de Eugène Viollet-le-Duc nun estilo neogótico entre 1860 e 1870.

Concibido a petición de Antoine d'Abbadie d'Arrast, astrónomo e explorador, pero tamén antropólogo e lingüista, membro da academia das Ciencias, que soñaba cun castelo observatorio de estilo gótico, comprende tres partes: a biblioteca, o observatorio e a capela.

O castelo é hoxe propiedade da «Academia das ciencias» á cal Antoine d'Abbadie legou en 1895, a condición de que o observatorio fora dirixido por un sacerdote. O dominio de Abbadia no que se atopa o castelo, que contaba 250 acres, fíxose en parte propiedade do Conservatorio do litoral (Establecemento público) e é administrado polo concello de Hendaia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]