Castilla-La Mancha Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 13 de decembro de 2001 |
Propiedade de | RTVCM |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 5,5% (agosto de 2015, TNS) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Castela-A Mancha |
Canle/s irmá(s) | CMT HD |
Na rede
| |
www.rtvcm.es/television/ |
Castilla-La Mancha Televisión (CMT) é a televisión autonómica pública de Castela-A Mancha, xestionada polo ente público Radiotelevisión de Castilla-La Mancha.
Empezou as súas emisións regulares o 13 de decembro de 2001. A súa sede central está en Toledo, no barrio de Santa María de Benquerencia, e ten varias delegacións territoriais, en Albacete, Alcázar de San Juan, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Puertollano e Talavera de la Reina. Fóra da comunidade ten unha delegación en Madrid e tivo corresponsalías en Bruxelas, Hong Kong, Nova York e o Río de Xaneiro, hoxe pechadas.
A súa programación está baseada en contidos dirixidos para os residentes de Castela-A Mancha, onde a información, os deportes e a emisión de películas, festexos taurinos e programas de entretemento en clave castelán-manchega ocupan toda a grella.