Castlevania | |
---|---|
Formato | Drama Terror Fantasía Acción Aventuras |
Creado por | Adi Shankar |
Desenvolvido por | Toshiyuki Hiruma Maki Terashima Brad Graeber Jason Williams |
Dirixido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura | Trevor Morris |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 32 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Adi Shankar Fred Seibert Ted Biaselli Kevin Kolde Larry Tanz Warren Ellis |
Duración | 22–31 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 7 de xullo de 2017 |
Derradeiro episodio | 13 de maio de 2021 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80095241 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Castlevania é unha serie de animación estadounidense baseada na franquía xaponesa de videoxogos Castlevania. Está directamente baseada nos títulos Castlevania III: Dracula's Curse e Castlevania: Curse of Darkness de Konami. A serie conta a historia de Trevor Belmont, que defende a nación de Valaquia de Dracula e os seus seguidores.
A serie foi orixinalmente pensada como un filme, desenvolvido polo produtor Kevin Kolde e a súa compañía Project 51. Kolde tiña un contrato por un guión con Warren Ellis en 2007; o proxecto caeu nunha fase de desenvolvemento até o ano 2015, cando Adi Shankar abordou o proxecto e foi recollido polo servizo de transmisión Netflix. Powerhouse Animation Studios uniuse ó equipo e comezou a produción. O seu estilo artístico está fortemente influenciado polo anime xaponés e a arte de Ayami Kojima en Castlevania: Symphony of the Night,[1] contando no equipo con membros que traballaran na industria do anime xaponés.[2] A serie estreouse a través de Netflix o 7 de xullo de 2017,[3] e renovada para unha segunda tempada expandida ese mesmo día. A segunda tempada estreouse o 26 de outubro de 2018.[4] Unha terceira tempada de dez episodios foi confirmada por Netflix,[5] a cal foi estreada o 5 de marzo de 2020. A serie rematou coa estrea da cuarta tempada o 13 de maio de 2021. Unha nova serie ambientada no mundo de Castlevania está sendo producida por Netflix.
Cando a súa muller é queimada nunha foguera logo de ser acusada falsamente de bruxería, o vampiro Conde Vlad Dracula Țepeș declara que tódalas persoas de Valaquia pagarano coas súas vidas. Invoca un exército de demos que invade o país, causando o terror entre a poboación. Para combatelo, o cazador de monstros Trevor Belmont levántase en armas contra as forzas de Dracula, axudado pola maga Sypha Belnades e o fillo de Dracula, o dhampiro Alucard.