Cesc Gay

Modelo:BiografíaCesc Gay

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Francesc Gay i Puig Editar o valor en Wikidata
1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCesc Gay Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaÀgata Roca Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0310747 Allocine: 32733 Allmovie: p282595 TCM: 539523 BNE: XX1294937 Editar o valor en Wikidata

Francesc Gay i Puig, máis coñecido coma Cesc Gay (Barcelona, 1967) é un director de cinema e guionista catalán.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Estudou cinema na EMAV (Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona) onde de graduou en 1990. Debutou coma director en 1998, xunto co arxentino Daniel Gimelberg, coa súa obra Hotel Room. Por volta do ano 2000 foi elixido para levar ao cinema a obra de teatro Kràmpack, realizando ademais a súa adaptación.

En 2002 foi o creador e responsábel da coordinación de guión da serie de TV3 Jet lag, realizada pola compañía T de Teatre. En 2003 estrea o filme En la ciudad (protagonizada entre outros por Mònica López, Eduard Fernández, María Pujalte) e Leonor Watling, coa que consegue o recoñecemento mundial ao seu traballo; con ela Eduard Fernández consegue o Premio Goya ao mellor actor secundario, obtendo tres nomeamentos máis, para Mònica López coma actriz de secundaria e para o propio Cesc Gay á dirección e ao guión adaptado.

En 2006 estrea Ficció, protagonizada por Eduard Fernández, Javier Cámara, Montse Germán, Carme Pla e mais Àgata Roca, e producida por Gerardo Herrero e Marta Esteban. Por este filme foi galardoado co Premio Nacional de Cinema concedido pola Generalitat de Cataluña en 2007. Posteriormente dirixiu V.O.S, unha adaptació da obra teatral de Carol López. No ano 2012 estrea Una pistola en cada mano (en galego, Unha pistola en cada man), interpretada entre outros por Ricardo Darín, Luís Tosar, Javier Cámara, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Candela Peña, Eduardo Noriega e Leonor Watling.

En 2015 dirixiu Truman, unha coprodución hispano-arxentina con Javier Cámara e Ricardo Darín, un filme que retrata o emotivo reencontro de dous vellos amigos pola doenza terminal dun deles, e que conseguiu 11 nomeamentos aos premios Gaudí[1] e seis nomeamentos aos premios Goya, dos que gaña cinco, incluídos mellor filme e mellor director para Cesc Gay[2].

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Xénero Ocupación
2015 Truman Comedia Director e guionista.
2012 Una pistola en cada mano Comedia, Drama Director e guionista.
2009 V.O.S. Comedia Director e guionista.
2006 Ficción Drama Director, guionista e deseñador de son.
2004 Canciones de amor y de droga (de Pepe Sales) Música Director
2003 En la ciudad Drama Director e guionista.
2000 Kràmpack Comedia, Drama, Romance Director e guionista.
1998 Hotel Room Comedia, Drama Director e guionista.

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Xénero Ocupación
2012 - 2013 La Riera Drama Guionista
2009 - 2010 50 años de Director
2001 - 2006 Jet Lag Guionista
1999 - 2000 Polar Comedia, drama Director e guionista

Documentais

[editar | editar a fonte]
Ano Título Xénero Ocupación
2014 Encants: diari d'un trasllat "Encantes: diario dun traslado" Comedia Guionista

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
Ano Título Xénero Ocupación
1991 La ecuación del vértigo Actor

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2015 Mellor dirección Truman Gañador
2004 Mellor dirección En la ciudad Nomeado
Mellor guión orixinal
2001 Mellor director novel Kràmpack Nomeado
Mellor guión adaptado
Ano Categoría Filme Resultado
2003 Cuncha de Ouro En la ciudad Nomeadda
2000 Premio Sebastiane Kràmpack Gañador
  1. Serra, Laura. Diari Ara, ed. "Les nominacions als premis Gaudí auguren un doble duel". Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  2. Premios Goya 2015 en IMDB

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]