Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1769 Vesly, Francia |
Morte | 26 de xullo de 1853 (83 anos) Valognes, Francia |
Conselleiro xeral | |
Datos persoais | |
Outros nomes | C. de G. |
Educación | Universidade de Caen (pt) |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo, historiador, naturalista, historiador da arte |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en |
|
Charles-Alexis-Adrien Duhérissier de Gerville, nado en Gerville-la-Forêt o 19 de setembro de 1769 e finado en Valognes o 26 de xullo de 1853, foi un erudito, historiador, naturalista e arqueólogo francés.
Era fillo do nobre Charles de Gerville. Estudou no colexio de Coutances e máis tarde estudou dous cursos de Dereito na universidade da cidade de Caen.
Charles de Gerville cuñou por primeira vez o termo románico para se referir á etapa da arquitectura que comprendía dende a caída do Imperio Romano até o século XII; o termo xa existía relacionado coas linguas derivadas do latín (linguas romances ou románicas) e el empregouno nunha carta dirixida en 1818 ao seu amigo Arcisse de Caumont, outro arqueólogo francés que foi quen o difundiu no seu Essai sur l'architecture du moyen âge, particulièrement en Normandie (Ensaio sobre a arquitectura medieval, particularmente en Normandía), datado no ano 1824.