Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 2003 (21 anos) Watford, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Charlie Michael Patino, tamén coñecido como Charlie Patiño,[1] nado en Watford o 17 de outubro de 2003, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Nado en Watford, comezou a xogar ao fútbol no St. Albans City, pasando aos sete anos ao Luton Town.[2][3] Atraeu a atención dos medios de comunicación xa con 11 anos, cando despois de recibir ofertas dos principais clubs ingleses, foi trapasado por 10.000 libras ao Arsenal.[4][5] Subiu rapidamente polas diferentes categorías inferiores do club, e con só 14 anos xa destacaba no equipo sub-18.[6]
En outubro de 2020 asinou o seu primeiro contrato profesional co Arsenal.[7] Ese mesmo mes, foi incluído na lista "Next Generation" 2020 de The Guardian, como un dos mellores xogadores novos dos equipos da Premier League.[8]
O 21 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Arsenal na vitoria por 5-1 contra o Sunderland na EFL Cup, marcando o quinto gol dos Gunners no tempo de desconto, pouco despois de entrar como substituto de Emile Smith Rowe.[9]
Para a tempada 2022/23 saíu cedido ao Blackpool, club do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[10] Debutou co equipo o 6 de agosto, nun encontro ante o Stoke City, substituíndo a Lewis Fiorini na segunda metade.[11] Disputou un total de 37 partidos, nos que marcou 3 goles, incluído un no derbi de West Lancashire contra o Preston North End en Bloomfield Road.[12]
Na campaña 2023/24 volveu saír cedido á Championship, desta vez ao Swansea City. Co equipo galés disputou un total de 35 encontros, ás ordes de Michael Duff primeiro e Luke Williams despois, anotando catro goles.
En agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña.[13]
Foi internacional coa selección inglesa nas categorías sub-15, sub-16, sub-17 e sub-19. Elixible por España pola súa ascendencia paterna, a Real Federación Española ofreceulle xogar na selección española.[3][14][15]
Seu pai, Julio Patiño, é fillo de dous emigrantes galegos que se instalaron en Inglaterra na década de 1960. Súa avoa paterna é natural do lugar cambrés de Lema, mentres que seu avó naceu na praza de España da Coruña.[16]
Durante a súa infancia visitaba asiduamente Galicia xunto coa súa familia, e acudía a Riazor con seu pai, afeccionado do Deportivo da Coruña, especialmente durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera.[16]