Ciutat Morta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ciutat Morta |
Director | Xavier Artigas Xapo Ortega |
Produtor | Diana Asenjo |
Guión | Jesús Rodríguez Mariana Huidobro |
Música | Las Casicasiotone Rui Aires |
Fotografía | Xapo Ortega Marielle Paon Xavier Artigas |
Montaxe | Xavier Artigas Núria Campabadal |
Estudio | Metromuster |
Distribuidora | Metromuster |
Estrea | 24 de marzo de 2014 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Cataluña |
Xénero | Documental |
Orzamento | € 4 720 |
Na rede | |
http://ciutatmorta.wordpress.com | |
Ciutat Morta é un filme documental catalán sobre o caso 4F, dirixido por Xavier Artigas e Xapo Ortega no 2013. Pre-estreouse o 8 de xuño de 2013 en Barcelona e estreouse oficialmente o 24 de marzo de 2014 en Málaga. Foi premiado no Festival de Guia d'Isora, MiradasDoc, cunha mención honorífica, e tamén como mellor documental do Festival de Málaga de Cinema de 2014.[1] Foi publicado baixo a licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0.
O 17 de xaneiro de 2015, Ciutat Morta emitiuse no Canal 33, dentro do programa Sala 33. Cunha audiencia do 20% e 569.000 espectadores foi o programa máis visto do día e o máis visto en toda a historia de Sala 33.[2][3] O documental emitiuse con 5 minutos censurados por decisión dun xulgado de Barcelona, despois que o «ex-xefe de información da garda urbana de Barcelona, Víctor Gibanel» o denunciase por unha posible «violación do seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe».[2][4] Os 5 minutos censurados puidéronse ver no documental completo. O Sindicato dos Mossos d'Esquadra dende a súa conta de Twitter cualificaron o documental de «fantasía», dicindo: «Boa noite para ir ó cinema. Aínda que se vos gusta a fantasía, con C33 tedes de abondo.»[5] Despois da emisión produciuse unha concentración na praza Sant Jaume de Barcelona con centos de persoas.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciutat Morta |