Wallace de Cragie Wallace de Cairnhill Wallace de Cessrock Wallace de Elderslie Wallace da Torre Auchenbathie Wallace de Kelly Wallace de Riccarton Wallace de Carnell Wallace de Sundrum
O Clan Wallace (en escocés: Clann Uallas) é un clan escocés e está oficialmente recoñecido como Lord Lyon.[2] O máis famoso membro do clan foi o patriota escocés William Wallace de finais de século XIII e comezos do XIV.
A familia Wallace chegou a Escocia cunha familia de normandos no século XI.[3]David I de Escocia estaba ansioso por estender os beneficios da influencia normanda e concedeu doazóns ós nobres do sur. Entre eles atopábase Walter Fitzallan, a quen o rei escocés fixo o seu senescal en 1136.[3] Un dos seguidores de Fitzallan era Richard Wallace de Oswestry, que foi ó norte para tratar de mellorar a súa riqueza.[3] Oswestry localízase na fronteira galesa polo que é posible que o nome Wallace sexa unha variante de Le Waleis, que significa "galés".[3] Porén, mentres que é posible que os Wallace fosen orixinalmente bretóns de Gales,[2] que foron ó norte con David I de Escocia no século XI, outra teoría di que son bretóns que se asentaron en Strathclyde no século X.[2]
Lord Fitzallan recibiu do rei David terras en Ayrshire polo que foi alí onde se asentou o seu seguidor Richard Wallace.[3] A Richard Wallace concedéuselle o seu propio asentamento en Kyle.[3] Richard Wallace (Walensis) tivo terras en propiedade en Kilmarnock e foi un vasalo do Gran Senescal de Escocia polo 1160.[2] O seu neto foi Adam Walays, quen tivo dous fillos, e o maior deles sucedeuno como xefe de familia en Ayrshire.[2] O fillo máis novo de Adam foi Malcolm Wallace, que recibiu terras de Auchinbothie e Elderslie en Renfrewshire.[2]