Consello Superior de Deportes

Sede do Consello Superior de Deportes na Cidade Universitaria de Madrid.

O Consello Superior de Deportes (CSD, en castelán: Consejo Superior de Deportes) é un organismo autónomo da Administración Xeral do Estado española, dependente no Ministerio de Cultura e Deporte.

Para o control das trampas no deporte e asegurar a boa saúde dos deportistas ten adscrita a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte, comunmente coñecida como Axencia Estatal Antidopaxe.

O CSD créase mediante Decreto 2258/1977, do 27 de agosto e é directo herdeiro da Delegación Nacional de Deportes, creada en 1941, dependente da Secretaría Xeral do Movemento.

As súas competencias esenciais definíronse na Lei 13/1980, do 31 de marzo, Xeral da Cultura Física e do Deporte, e máis tarde na norma que a substituíu: a Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte.

Dependencia orgánica

[editar | editar a fonte]

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]