Convair 880

Convair 880
Tipopasaxeiros
FabricanteConvair
Primeiro voo27 de xaneiro de 1959
Introducidomaio de 1960
Produción1959 - 1962
Unidades construídas65
VariantesConvair 990 Coronado

O Convair 880 é un reactor de pasaxeiros de fuselaxe estreita producido pola compañía estadounidense Convair, unha división de General Dynamics. Deseñouse para competir co Boeing 707 e o Douglas DC-8 sendo máis pequeno e rápido, pero ese nicho non tivo demasiada demanda. Cando foi introducido algúns círculos aeronáuticos afirmaban que se trataba do reactor de transporte máis rápido do mundo, cunha velocidade de 990 km/h.[1][1] Só se fabricaron 65 Convair 880 entre 1959 e 1962, e General Dynamics retirouse do mercado dos avións de pasaxeiros tras considerar que o proxecto 880 foi un fracaso. O Convair 990 foi unha variante máis longa e rápida do 880.

  1. "Here's Convair 880 - Fastest Jet Transport in the World?". Popular Mechanics 111 (3): 87. marzo de 1959. ISSN 0032-4558.