Criptobrancoideos

Criptobrancoideos
Cryptobranchoidea

Rango fósil: xurásico tardío - actualidade [1]
160 Ma - 0 Ma

Cryptobranchus alleganiensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata
Suborde: Cryptobranchoidea
Dunn, 1922
Familias

A dos criptobrancoideos (Cryptobranchoidea) é unha suborde de anfibios da orde dos caudados ou urodelos.

O grupo constitúe un clado monofilético.[2]

Na actualidade comprende dúas familias, criptobránquidos e hinobíidos, con xéneros, con numerosas especies.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

As súas especies son coñecidos como salamánigas primitivas, en contraste coa da suborde dos salamandroideos ou salamántigas avanzadas.[4]

Unha das súas caracterísiticas típicas é a de posuíren fendeduras branquiais durante o estado adulto, (ao que alude o seu nome).[5]

As especies da familia dos Cryptobranchidae, que son completamente acuáticas, coñécense como salamánigas xigantes debido ao seu gran tamaño.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Encóntrase no leste dos Estados Unidos, na China en Taiwán e no Xapón.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Andrias japonicus.
Hynobius kimurae.
Paradactylodon persicus.


Descrición

[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en polo herpetólogo estadounidense Emmett Reid Dunn, no seu traballo:

Dunn, E. R. (1922): "The sound-transmitting apparatus of salamanders and the phylogeny of the Caudata". The American Naturalist, 56: 418-487.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e -oidea (plural de -oideus), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A suborde comprende na actualidade só dúas familias, cos doce xéneros que se indican:[3]

Suborde Cryptobranchoidea Dunn, 1922

Outras familias extinguíronse no pasado e só se coñecen polos seus restos fósiles.

  1. Anderson, J. S. (2012). "Fossils, molecules, divergence times, and the origin of Salamandroidea". Proceedings of the National Academy of Sciences 109 (15): 5557. PMC 3326514. PMID 22460794. doi:10.1073/pnas.1202491109. 
  2. Zhang, P. & Wake, D. A. (2009): "Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 53: 492–508.
  3. 3,0 3,1 Cryptobranchoidea no NCBI.
  4. Heying, Heather. "ADW:Family Cryptobranchidae: giant salamanders and hellbenders". 
  5. criptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  6. Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS.
  7. Hynobiidae Cope, 1859 no ITIS.
  8. Hynobiinae Cope, 1859 no ITIS.
  9. Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]