Crónica lusitana | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Chronicon Lusitanum, Gothorum Chronica |
Orixe | Reino de Portugal |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | historia de Portugal |
Xénero(s) | crónica |
Data de pub. | século XII |
ISBN | ISBN |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Crónica lusitana (coñecida como Chronicon Lusitanum e cuxo título orixinal era Chronica/Chronicon Gothorum), é unha crónica da historia de Portugal desde as primeiras migracións dos visigodos (que data no ano 311) ata o reinado do primeiro rei de Portugal, Afonso I (1139–1185).
As entradas da crónica, ordenadas por anos e datadas en Era hispánica, son cada vez máis longas e a maior parte do texto trata sobre o reinado de Afonso. O título convencional da crónica significa "crónica lusitana (é dicir, portuguesa)" ou "crónica dos godos".
Foi publicada por primeira vez polo editor Enrique Flórez, quen rexeitou o título baixo o que fora editado anteriormente (Gothorum Chronica) pola súa temática.[Citas 1] Flórez tamén afirma que o manuscrito do Chronicon fora utilizado anteriormente por André de Resende, o primeiro arqueólogo de Portugal, e Manuel Severim de Faria, o primeiro xornalista de Portugal; tamén foi editado no terceiro volume da Monarchia Lusitana de António Brandão (1632).[Citas 2]