Cucumber | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Russell T Davies |
Dirixido por | Russell T Davies |
Intérpretes |
|
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Manchester |
Duración | 45 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Channel 4 |
Primeiro episodio | 22 de xaneiro de 2015 |
Derradeiro episodio | 12 de marzo de 2015 |
Na rede | |
http://www.channel4.com/programmes/cucumber | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cucumber é unha serie de televisión británica creada por Russell T Davies e retransmitida pola Channel 4 en 2015. Estivo en desenvolvemento dende o ano 2006 e anunciouse en novembro de 2013 que se ía complementar coas series Banana (da E4), e Tofu (da 4oD en formato de serie web). Os títulos das tres series proveñén dun estudo científico sobre a erección masculina que clasifica a dureza do pene nunha escala que se compón do tofu, banana pelada, banana e cogombro (de máis brando a máis duro). Despos de ler o estudo, Davies destacou que "daquela souben que xa tiña a miña historia".[1]
Cucumber só ten unha tempada. Davies confirmou que a trama non continuaría nunha segunda tempada.[2] A serie foi candidata aos Premios GLAAD.[3]
A serie explora a vida gay do século XXI, poñendo o foco en Henry Best (interpretado por Vincent Franklin), un home de mediana idade cuxa vida estábel e predecíbel desaparece após romper a súa relación co seu mozo dende hai nove anos, Lance Sullivan (interpretado por Cyril Nri). Terá que embarcarse nunha nova vida con regras que lle son descoñecidas.