Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1780 Bucaramanga, Colombia |
Morte | 8 de agosto de 1816 (36 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Presidente de Colombia | |
12 de decembro de 1814 – 28 de marzo de 1815 ← José Fernández Madrid – José Miguel Pey de Andrade (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santo Tomás Colexio Maior de San Bartolomeu |
Actividade | |
Ocupación | pintor, avogado |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Custodio García Rovira, nado en Bucaramanga o 2 de marzo de 1780 e finado en Bogotá o 8 de agosto de 1816, foi un militar colombiano coñecido como o Estudante polos realistas.
Era fillo de Juan de Dios García e Rosa Rovira. Estudou teoloxía e leis, foi tamén afeccionado á pintura e á música.
En 1814, logo que o Congreso colombiano creara o sistema de triunvirato, García Rovira entón gobernador de El Socorro foi un dos tres presidentes elixidos para o poder executivo. O 28 de novembro de 1814 converteuse no presidente das Provincias Unidas de Nova Granada ata o 28 de marzo de 1815 e reelixido en 1815.
En 1816 tras ascender a xeneral foi nomeado Comandante do Exército do Norte. O 21 e 22 de febreiro dese ano dirixiu a Batalla de Cachirí, onde foi derrotado polas tropas españolas o que provocou a renuncia do presidente José Fernández Madrid e a elección de García Rovira como presidente-ditador o 22 de xuño. O 19 de xullo os españois fixérono prisioneiro, sendo condenado a morte o 7 de agosto e fusilado o día seguinte.