Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1977 (47 anos) Saskatoon, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Cornell | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 140 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | right-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 2002 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 |
Dana Antal, nada en Saskatoon (Saskatchewan, Canadá) o 19 de abril de 1977 é unha xogadora de hóckey sobre xeo que foi membro do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá que competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 nesa modalidade en Salt Lake City, nos que gañou a medalla de ouro. Antes de xogar co equipo nacional do Canadá, participou na liga de hóckey sobre xeo universitaria coa Universidade Cornell. Na súa primeira tempada, foi nomeada rookie do ano da Ivy League, e foi a maior anotadora do seu equipo. Antal tamén xogou co Calgary Oval X-Treme na Western Women's Hockey League.
Medrou en Esterhazy, Saskatchewan, e xogou en equipos locais júnior de rapaces ata os 15 anos, xa que naquel tempo non había equipos de rapazas na área.
Despois de completar a súa carreira júnior, Antal obtivo unha bolsa para xogar ó hóckey na Universidade Cornell.
O 22 de marzo de 1998, Dana Antal anotou ós 5:30 minutos dunha prórroga de 10 minutos un pase de Jennifer Botterill para a vitoria do Equipo Alberta (representado polo Calgary Oval X-Treme) sobre o Equipo Ontario (representado polo Beatrice Aeros) por un marcador 3-2, gañando o Esso Nationals.[1] No torneo, Antal anotou dous goles e fixo unha asistencia nos partidos. Anotou un gol no Esso Women's National Hockey Championship para axudar ó Equipo Alberta a gañar a Abby Hoffman Cup en 2003.
Antal foi membro do equipo nacional do Canadá que gañou a medalla de ouro nos Campionatos Mundiais Femininos de Hóckey sobre xeo en 2001. Foi seleccionada para o equipo no ano 2000, pero non puido xogar. Foi membro do Equipo Olímpico do Canadá que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2002 en Salt Lake City.