David Blanco

Modelo:BiografíaDavid Blanco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) David Blanco Rodríguez Editar o valor en Wikidata
3 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Biel/Bienne, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2003-2003 Sporting-Tavira
2004-2006 Kelme
2007-2010 Sporting-Tavira
2011-2011 Saunier Duval
2012-2012 Efapel
Participou en
2012UCI Europe Tour 2012 (pt) Traducir (74º)
28 de outubro de 2010UCI Europe Tour de 2010-2011 (pt) Traducir (586º)
18 de outubro de 2009UCI Europe Tour de 2009-2010 (pt) Traducir (32º)
20092008–09 UCI America Tour (en) Traducir (308º)
2009UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) Traducir (83º)
Vuelta a España Editar o valor en Wikidata

David Blanco Rodríguez, nado o 3 de marzo de 1975 na localidade suíza de Berna, é un ciclista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira como profesional en Portugal, en 2000, no Rota dos Móveis. Con este club disputou a súa primeira Volta ao Alentejo (onde rematou undécimo), e a súa primeira Volta a Portugal, onde chegou de 14º. En 2001 repite ese posto final na rolda lusa, e en 2002, xa co ASC Vila do Conde remata de 21º. En 2003 ficha polo Porta da Ravessa, e remata quinto na Volta a Portugal e undécimo de novo na do Alentejo.

En 2004 ficha polo equipo español Kelme, onde permaneceu dous anos, e que mudou aos nomes de Comunitat Valenciana e Costa Blanca. Dese ano é a súa participación primeira na Vuelta a España, onde rematou décimo, e o seu primeiro podio, ao finalizar terceiro na Volta á Comunidade Valenciana. En 2005 quedou de quinto na volta portuguesa e duodécimo na española, e en 2006 chegou a súa primeira gran vitoria como profesional, ao conseguir a primeira posición na Volta a Portugal, onde ademais gañou a oitava tirada (Favaios-Guarda) e mais a décima e última tirada (Idanha-a-Nova - Castelo Branco, contra o reloxo).

Ao ano seguinte non renova co equipo español, e ficha de novo por un conxunto profesional portugués, o Duja Tavira. Ese ano queda quinto na rolda lusa, e na edición seguinte, en 2008, volve obter o título de vencedor final[1]. En 2009 volve ser proclamado vencedor da Volta a Portugal logo da descualificación do portugués Nuno Ribeiro por dopaxe[2]. A eliminación de Ribeiro e do español Héctor Guerra por esa razón, converteuno ademais en vencedor de dúas tiradas. En 2010 volve gañar a Volta a Portugal[3].

En setembro de 2010 asinou un contrato co equipo italiano Geox para a seguinte tempada.

No ano 2012 gañou por quinta vez a Volta a Portugal.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Actualmente reside en Santiago de Compostela.

  1. David Blanco gaña a Volta a Portugal Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 25 de agosto de 2008, consultado o 19 de setembro de 2009
  2. Tres casos de dopaxe na Volta a Portugal, Vieiros, 18 de setembro de 2009, consultado o 19 de setembro de 2009
  3. David Blanco vuelve a coronarse en Portugal Arquivado 21 de agosto de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 15 de agosto de 2010
  4. David Blanco, rei de Portugal, Praza Pública, 27 de agosto de 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]