Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (65/66 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Residencia | Países Baixos |
Educación | Universidade de Pensilvania Universidade Técnica de Delft Universidade Técnica de Aachen (pt) Universidade Cornell Los Altos High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | físico, investigador |
Empregador | Universidade Técnica de Delft Universidade Técnica de Aachen (pt) Forschungszentrum Jülich GmbH |
Familia | |
Cónxuxe | Barbara Terhal |
Premios | |
|
David P. DiVincenzo, nado en Filadelfia (Pensilvania) en 1959, é un físico teórico estadounidense vinculado a diversas universidades e centros de investigación europeos.[1]
Xunto con Daniel Loss, da Universidade de Basilea, en Suíza, propuxo en 1997 o chamado "computador cuántico Loss-DiVincenzo" (ou "computador cuántico spin-qubit), que utilizaría spins de electróns en puntos cuánticos como qubits.[2][3]
DiVincernzo doutorouse en 1983 en Enxeñaría eléctrica na Universidade de Pensilvania, e entre ese ano e 1985 fixo unha estadía posdoutoral na Universidade Cornell, no Estado de Nova York.
Entre 1985 e 2011 foi membro do equipo de investigación do IBM Watson Research Center en Nova York.
De 2011 a 2017 foi o director do Instituto de Nanoelectrónica Teórica (Forschungszentrum) no Peter Grünberg Institute en Jülich, Alemaña, e profesor no Instituto de Información Cuántica da Universidade Técnica de Aquisgrán.[4]
En 2017 entrou a formar parte do equipo de investigación de cuántica no QuTech, da Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde tamén desenvolven o seu labor outros destacados investigadores en Física cuántica, como os profesores Kouwenhoven ou Terhal.[5]
En 1996, durante o seu período no centro de investigación de IBM en Nova York, publicou o seu artigo Topics in Quantum Computing, onde se propuñan os cinco requisitos para a creación dunha computadora cuántica, que desde entón se coñecen como Criterios de DiVincenzo (DiVincenzo Criteria).[6][7] Isto supuxo un importante pulo na investigación experimental para o desnvolvemento dun computador cuántico real e utilizable.[8]
Os criterios de DiVincenzo son os seguintes:[9]
Para a comunicación cuántica (transmisión de quibits intactos dun sitio a outro), cómpre satisfacer dous criterios adicionais:
Á parte das citadas na sección de "Notas":