Daydream Nation | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 18 de outubro de 1988 | |||
Gravación | xullo - agosto de 1988 | |||
Estudio(s) | Greene Street Recording, Nova York | |||
Duración | 70:47 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, noise rock | |||
Selo(s) | Enigma (Estados Unidos) Blast First (Reino Unido) DGC Records (reedicións) | |||
Produtor | Nick Sansano, Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Daydream Nation é un álbum da banda de rock alternativo estadounidense Sonic Youth, editado o 18 de outubro de 1988 a través do selo Enigma Records nos Estados Unidos e Blast First no Reino Unido. En xuño do ano 2007 lanzouse unha versión deluxe que inclúe o disco orixinal remasterizado e un segundo disco con temas ao vivo e versións.
O álbum é considerado a obra mestra da banda e trátase dunha peza fundamental na escena do rock alternativo, sendo un dos poucos álbums de rock elixidos pola Biblioteca do Congreso estadounidense para ser conservado no "National Recording Registry".[1]
No ano 2002, a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor disco da década na súa lista dos 100 mellores álbums dos anos 80[2], e a Rolling Stone situouno no posto 329 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos[3].
O álbum lanzouse orixinalmente en CD, casete e dobre vinilo de 12 polgadas. Esta edición orixinal, de outubro de 1988, saíu en Estados Unidos (a través de Enigma), no Reino Unido (Blast First), Australia (AuGoGo), Países Baixos (Torso) e Grecia (DiDi Records) en vinilo; nos Estados Unidos, o Reino Unido e os Países Baixos en CD; e en casete nos dous primeiros países.
En 1992 Mute Records relanzou o disco en CD no Reino Unido, e os días 22 e 23 de novembro de 1993 DGC/Geffen reeditou o álbum en CD nos Estados Unidos e Europa, e en casete nos Estados Unidos.
En xullo do ano 2007 apareceu a versión "deluxe", a través do selo Geffen Records. Esta edición realizouse nos formatos de 4 vinilos de 12" e no de dobre CD.
Ademais destas versións oficiais, existe unha edición pirata editada en Rusia no ano 1991 pola discográfica AnTrop, aparecendo como un único vinilo de 12 polgadas[4].
Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth (Thurston Moore, Kim Gordon, Lee Ranaldo e Steve Shelley).
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
1. | "Teen Age Riot" | Moore | Gordon, Moore | 6:57 | |||||
2. | "Silver Rocket" | Moore | Moore | 3:47 | |||||
3. | "The Sprawl" | Gordon | Gordon | 7:42 | |||||
18:26 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
4. | "'Cross the Breeze" | Gordon | Gordon | 7:00 | |||||
5. | "Eric's Trip" | Ranaldo | Ranaldo | 3:48 | |||||
6. | "Total Trash" | Moore | Moore | 7:33 | |||||
18:21 |
Cara 3 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
7. | "Hey Joni" | Ranaldo | Ranaldo | 4:23 | |||||
8. | "Providence" | Mike Watt | Watt | 2:41 | |||||
9. | "Candle" | Moore | Moore | 4:58 | |||||
10. | "Rain King" | Ranaldo | Ranaldo | 4:39 | |||||
16:41 |
Cara 4 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Voces | Duración | |||||
11. | "Kissability" | Gordon | Gordon | 3:08 | |||||
12. | "Trilogy"
| Moore/Gordon
| Moore, Gordon
|
14:07
|
|||||
17:15 |
En 2007 publicouse unha edición de luxo de Daydream Nation, con versións ao vivo de todos os temas do álbum, ademais de gravacións de estudio dalgunhas versións. O 17 de xullo de 2007 lanzouse unha versión de 4 vinilos.[5]
O lanzamento de catro vinilos da edición de luxo tiña unha listaxe de cancións lixeiramente distinta que a edición en CD. Os dous primeiros discos teñen os mesmos temas que o lanzamento orixinal en vinilo. Porén, a demo caseira de "Eric's Trip" está no final do cuarto disco, en vez de ao final do álbum orixinal.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Teen Age Riot" | 6:57 |
2. | "Silver Rocket" | 3:47 |
3. | "The Sprawl" | 7:42 |
4. | "'Cross the Breeze" | 7:00 |
5. | "Eric's Trip" | 3:48 |
6. | "Total Trash" | 7:33 |
7. | "Hey Joni" | 4:23 |
8. | "Providence" | 2:41 |
9. | "Candle" | 4:58 |
10. | "Rain King" | 4:39 |
11. | "Kissability" | 3:08 |
12. | "Trilogy: The Wonder" | 4:15 |
13. | "Trilogy: Hyperstation" | 7:13 |
14. | "Trilogy: Eliminator Jr." | 2:37 |
15. | "Eric's Trip (Home Demo)" | 2:27 |
Disco extra da edición de luxo | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "The Sprawl" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 8:27 | |||||||
2. | "'Cross the Breeze" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 5:54 | |||||||
3. | "Hey Joni" (Paradiso, Ámsterdam o 26 de marzo de 1989) | 3:38 | |||||||
4. | "Silver Rocket" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 4:19 | |||||||
5. | "Kissability" (Gravada para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn en agosto de 1988) | 2:19 | |||||||
6. | "Eric's Trip" (Noise Now Festival, Philipshalle, Düsseldorf o 27 de marzo de 1989) | 3:05 | |||||||
7. | "Candle" (Cabaret Metro, Chicago o 5 de novembro de 1988) | 5:04 | |||||||
8. | "The Wonder" (Gravada no CBGB o 13 de decembro de 1988) | 4:02 | |||||||
9. | "Hyperstation" (Gravada no CBGB o 13 de decembro de 1988) | 6:14 | |||||||
10. | "Eliminator Jr." (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 2:38 | |||||||
11. | "Providence" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 1:47 | |||||||
12. | "Teen Age Riot" (Paradiso, Amsterdam o 26 de marzo de 1989) | 4:37 | |||||||
13. | "Rain King" (Gravada para o documental Put Blood in the Music en Brooklyn en agosto de 1988) | 4:06 | |||||||
14. | "Totally Trashed" (Maxwell's, Hoboken, Nova Jersey o 9 de xuño de 1988) | 1:57 | |||||||
15. | "Total Trash" (Maxwell's, Hoboken, Nova Jersey o 9 de xuño de 1988) | 5:18 | |||||||
16. | "Within You Without You" (versión dos The Beatles, recompilatorio Sgt. Pepper Knew My Father, 1988) | Harrison | 4:58 | ||||||
17. | "Touch Me I'm Sick" (versión de Mudhoney, 7 polgadas compartido con Mudhoney, Sub Pop Singles Club, decembro de 1988) | Mudhoney | 2:33 | ||||||
18. | "Computer Age" (versión de Neil Young, recompilatorio The Bridge: A Tribute to Neil Young, 1989) | Young | 5:12 | ||||||
19. | "Electricity" (versión de Captain Beefheart, recompilatorio Fast 'n' Bulbous - A Tribute to Captain Beefheart, 1988) | Van Vliet, Herb Bermann | 2:46 |