Deafheaven | |
---|---|
Orixe | San Francisco, |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | black metal, blackgaze, post-metal |
Selo(s) discográfico(s) | Deathwish Inc., ANTI- |
Membros | George Clarke Kerry McCoy Daniel Tracy Stephen Clark Shiv Mehra |
Antigos membros | Nick Bassett Trevor Deschryver Derek Prine |
Na rede | |
http://deafheaven.com/ | |
Deafheaven é unha banda estadounidense de metal formada no ano 2010. Orixinalmente baseada en San Francisco, o grupo comezou como un dúo co cantante George Clarke e o guitarrista Kerry McCoy, que gravaron e autoeditaron un álbum demo xuntos. Tras este lanzamento, o grupo recrutou tres novos membros e comezou a xirar. Antes do final de 2010 Deafheaven asinou un contrato con Deathwish Inc. e despois publicou o seu álbum de estrea Roads to Judah, en abril de 2011. O seu seguinte traballo, Sunbather, editouse en 2013 e foi amplamente aclamado pola crítica, converténdose nun dos discos máis louvados do ano nos Estados Unidos. En 2015 o grupo editou o seu terceiro traballo, New Bermuda.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Roads to Judah | 2011 | Deathwish |
Sunbather | 2013 | Deathwish |
New Bermuda | 2015 | ANTI- |
Ordinary Corrupt Human Love | 2018 | ANTI- |
Infinite Granite | 2021 | Sargent House |