Death from Above 1979

Death from Above 1979
OrixeToronto, Ontario, Canadá
Período20012006
2011 - presente
Xénero(s)punk rock, dance-punk, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Ache, Sound Virus, Last Gang, Vice Recordings, 679
MembrosJesse F. Keeler
Sebastien Grainger
Artistas relacionadosFemme Fatale, MSTRKRFT
Na rede
Web
Facebook: deathfromabove1979 Twitter: dfa1979 Instagram: dfa1979 Tumblr: deathfromabove1979 MySpace: deathfromabove1979 Youtube: UCg5wtQ2hBMYChHeskNKLafQ Souncloud: deathfromabove1979 Spotify: 18H0sAptzdwid08XGg1Lcj iTunes: 31683901 Last fm: Death+From+Above+1979 Musicbrainz: 92dc699f-fcbc-4278-afbe-40b5ad060a55 Songkick: 432351 Discogs: 273611 Allmusic: mn0000106949 Deezer: 1203 Genius: Death-from-above-1979 Editar o valor en Wikidata

Death from Above 1979 (tamén coñecido como Death from Above ou DFA 1979) é un dúo canadense de dance-punk/noise rock baseado en Toronto. O seu primeiro álbum, You're a Woman, I'm a Machine, foi editado a finais do ano 2004 e a banda separaríase no 2006 volvendo á actividade en 2011. No ano 2014 o grupo publicou o seu segundo traballo, The Physical World, e en 2017 o terceiro e último ata a data, Outrage! Is Now.

Formación e Heads Up

[editar | editar a fonte]

Grainger e Keeler supostamente coñecéronse nun concerto de Sonic Youth, aínda que adoitan a bromear dicindo que se coñeceron no cárcere, nun barco pirata, ou nun bar gay, facendo que algúns xornalista e fans cresen estas historias.[1][2] Keeler tamén dixo que coñecera a Grainger cando buscaba un batería para a súa banda de hardcore punk Femme Fatale.[3]

O 15 de decembro de 2002 a banda publicou o seu traballo de estrea, o EP Heads Up.

You're a Woman, I'm a Machine e separación

[editar | editar a fonte]

A banda gravou o seu álbum de estrea, You're a Woman, I'm a Machine, entre febreiro e abril de 2004 no estudio The Chemical Sound en Toronto co produtor e enxeñeiro Al-P. Realizáronse gravacións adicionais no Studio Plateau de Montreal co enxeñeiro Drew Malamud. O disco editouse no mes de outubro dese ano e lanzáronse tres sinxelos para promocionalo, "Romantic Rights" o 4 de novembro, "Blood on Our Hands" o 17 de febreiro de 2005 e "Black History Month" o 13 de xuño. En 2005 o videoclip de "Romantic Rights" gañou o premio á mellor posprodución no MuchMusic Video Awards.

En 2004 a banda cambiou o seu nome a "Death from Above 1979" debido a unha carta recibida por James Murphy do selo Death From Above Records, pedíndolles que deixasen de usalo. O grupo respondeu engadindo o número mínimo de numerais requirido para manter a súa primeira parte do nome.[4][5]

O día 3 de agosto de 2006 a banda separouse oficialmente, a pesar de que a decisión estaba tomada dende o ano anterior. Keeler puxo unha mensaxe no foro oficial de Death from Above 1979 explicando os motivos do anuncio.[6] No programa de televisión de MuchMusic The New Music Keeler falou sobre o motivo da separación. Afirmou que debérase a desacordos co seu compañeiro Grainger a moitos niveis, estre eles diferenzas creativas e de estilo musical.

Reunión e The Physical World

[editar | editar a fonte]
Sebastien Grainger

O día 4 de febreiro de 2011 Death from Above reuniuse oficialmente. A banda interpretou unha nova canción na súa actuación no EdgeFest o 14 de xullo de 2012 no Downsview Park de Toronto. O 18 de setembro dese ano anunciouse unha xira polo Canadá e o grupo revelou que estaba compoñendo temas novos, aínda que precisaba interpretalas ao vivo co obxectivo de "facelas boas".[7] O 28 de outubro o blog da banda actualizouse a medida que se xeraba entusiasmo pola súa serie de concertos por todo o país. No post da actualización Grainger citou que "viñan a compartir material novo e para resolver problemas". A banda tiña orixinalmente programada unha actuación no Governors Ball Music Festival en xuño de 2013, pero despois anunciaron que tiveran un problema inesperado mentres traballaban con música nova e cancelaron a súa aparición. O 11 de xullo de 2013 a banda confirmou a través da súa páxina de Facebook que estaban traballando nun novo disco tras cancelar os seus concertos en Europa por unha "emerxencia médica".

O 8 de xullo de 2014 a banda publicou un sinxelo, "Trainwreck 1979", e anunciou máis detalles do seu seguinte álbum de estudio, The Physical World. O 9 de setembro Death from Above publicou o seu segundo álbum a través dos selos Last Gang e Warner Bros. Records.[8] O día 7 de outubro dese mesmo ano o grupo lanzou o documental Life After Death from Above 1979. O filme contaba a historia da banda e a súa reunión e foi dirixido pola muller de Grainger, Eva Michon.[9]

O 22 de abril do ano 2016 Death from Above publicou o álbum ao vivo Live At Third Man Records, gravado en 2015 na sede de Third Man Records, selo fundado por Jack White, en Nashville, Tennessee.[10]

Outrage! Is Now

[editar | editar a fonte]
Jesse F. Keeler

O 6 de xuño de 2017 a banda anunciou un cambio oficial no seu nome volvendo ao orixinal "Death from Above".[11] Aínda que o grupo dixo que as súas redes sociais manterían o sufixo "1979", toda a música que editarían no futuro e os concertos do dúo virían co novo nome.[4][5] Grainger dixo nunha entrevista que a banda decidira non incluír o "1979" na promoción da súa xira con Eagles of Death Metal a principios de 2016, "só para ver que podería pasar" e o grupo non tivo problemas legais por iso, polo que decidiron facer o mesmo coa súa xira con Black Rebel Motorcycle Club, novamente sen repercusións legais.[12] Sebastian tamén dixo que facer a portada para o sinxelo do álbum "Freeze Me" tamén foi parte da decisión, "A gota que encheu o vaso foi cando estaba facendo a portada para o noso sinxelo ‘Freeze Me’. Eu quería escribir o nome en xeo, polo que fun a Amazon e mercei unha cubiteira co alfabeto. Chegou e non tiña números. Iso foi todo".[13] Xunto co cambio de nome o grupo anunciou tamén o novo sinxelo. A canción estreouse na BBC Radio 1 antes do seu lanzamento o 7 de xuño.[11]

No mes de agosto de 2017 a banda anunciou o lanzamento do seu novo álbum, Outrage! Is Now, o día 8 de setembro a través dos selos Warner Bros. Records e Last Gang Records. O anuncio acompañouse co lanzamento do segundo sinxelo, “Never Swim Alone”, e tamén informaron dunha xira por América do Norte a partir do mes de outubro.[14] O día 1 de setembro o grupo lanzou o terceiro sinxelo do traballo, “Holy Books”.[15]

Is 4 Lovers

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 a banda limpou as páxinas das súas redes sociais. Unha serie de publicacións no seu instagram revelaron o seu logo, seguido por un video que confirmaba outra vez cambio de nome a Death from Above 1979.[16] Despois de meses de publicacións de avance, o grupo confirmou un novo álbum o 3 de febreiro de 2021.[17] O disco, Is 4 Lovers, sería lanzado o día 26 de marzo dese ano. O anuncio coincidiu coa publicación dun novo sinxelo, "One + One".[18]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbum de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
You're a Woman, I'm a Machine 2004 Vice, Last Gang, Ache, Victor
The Physical World 2014 Last Gang, Warner Bros.
Outrage! Is Now 2017 Last Gang
Is 4 Lovers 2021 Universal Music Canada
  1. "Why Everyone Is Losing Their Mind Over A New Death From Above 1979 Album". NME (en inglés). 2014-06-12. Consultado o 2020-09-21. 
  2. Johnson, Brian (2014-09-11). "Death From Above 1979 Performs 'Trainwreck 1979' on The Late Show with David Letterman". Empty Lighthouse Magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-21. 
  3. "Femme Fatale | From The Abundance Of The Heart, The Mouth Speaks – Last Gang Shop". web.archive.org. 2017-04-03. Archived from the original on 03 de abril de 2017. Consultado o 2020-09-21. 
  4. 4,0 4,1 Yoo, Noah. "Death From Above 1979 Are Just “Death From Above” Now". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-21. 
  5. 5,0 5,1 "Death From Above 1979 announce name change". NME (en inglés). 2017-06-06. Consultado o 2020-09-21. 
  6. "iB::Topic::memo". web.archive.org. 2007-10-15. Archived from the original on 15 de outubro de 2007. Consultado o 2020-09-21. 
  7. "Ok. | DEATH FROM ABOVE 1979". web.archive.org. 2012-09-21. Archived from the original on 21 de setembro de 2012. Consultado o 2020-09-21. 
  8. "Death From Above 1979 detail new album, world tour". Consequence of Sound (en inglés). 2014-07-08. Consultado o 2020-09-22. 
  9. Michon, Eva (2014-10-07). "Life After Death from Above 1979". Consultado o 2020-09-22. 
  10. "Death From Above 1979 announce Third Man Records live album, share "Right on Frankenstein" -- listen". Consequence of Sound (en inglés). 2016-04-20. Consultado o 2020-09-22. 
  11. 11,0 11,1 "Death From Above - Freeze Me, Jam sits in for Annie - BBC Radio 1". www.bbc.co.uk. Consultado o 2020-09-22. 
  12. 122 – DEATH FROM ABOVE – Sebastien on dropping the 1979, his Ancient Fashion label, and DFA's latest single "Freeze Me" (audioBoom). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2020. 
  13. "Death From Above talk to us about their survival, 'Outrage! Is Now' and their name change". NME (en inglés). 2017-09-07. Consultado o 2020-09-22. 
  14. Wicks, Amanda. "Death From Above Announce New Album Outrage! Is Now, Share Video for New Song: Watch". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-23. 
  15. Yoo, Noah. "Death From Above Share New Song “Holy Books”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-23. 
  16. "Instagram". www.instagram.com. Consultado o 2023-12-10. 
  17. "Death From Above 1979 Announce Album, Share Video for New Song “One + One”". Pitchfork (en inglés). 2021-02-03. Consultado o 2023-12-10. 
  18. Trendell, Andrew (2021-02-03). "Death From Above 1979 return with dance-y single 'One + One' and tell us about "playful" new album 'Is 4 Lovers'". NME (en inglés). Consultado o 2023-12-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]