Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1990 (34 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 13 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Diego Mariño Villar, nado en Vigo o 9 de maio de 1990, é un futbolista galego, que xoga de porteiro. Dende 2016 milita no Sporting de Gijón.
Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos vigueses como o Santa Mariña, o Rápido de Bouzas, o Sárdoma e o Areosa. Comezou a destacar na portería deste último, e en 2004 interesáronse por el os observadores do Villarreal, club que o fichou para a súa canteira.[1]
Pasou polas categorías inferiores do club amarelo e polo Villarreal C, e na tempada 2010/11 subiu ao Villarreal B, que militaba na Segunda División.[2] Debutou na primeira xornada, contra o Real Valladolid no José Zorrilla, e foi titular durante 38 dos 42 partidos de liga no equipo de Javi Gracia. Repetiu como gardameta titular na seguinte campaña, que comezou con Molina no banco, pero o filial acabou perdendo a categoría a pesar de acabar 12º, arrastrado polo descenso do primeiro equipo.[3]
Na tempada 2012/13 subiu ao primeiro equipo do Villarreal, pero disputou só dez encontros, sendo o gardameta titular Juan Carlos. O equipo logrou ese mesmo ano o ascenso, ao quedar segundo por detrás do Elche.
Na campaña seguinte (2013/14) fichou polo Valladolid, da Primeira División, asinando un contrato por cinco anos.[4] Debutou na máxima categoría na primeira xornada, nun partido na casa contra o Athletic, que acabou en derrota por 1-2, sendo Susaeta o primeiro en marcarlle un gol. Baixo as ordes do adestrador Juan Ignacio disputou 28 partidos durante a campaña, na que o equipo acabou descendendo.
Para a seguinte tempada saíu cedido ao Levante, facendo efectiva unha cláusula do seu contrato que lle permitía unha cesión a un equipo de Primeira en caso de que o Valladolid descendese.[5] Disputou 32 encontros no Levante, e ao remate da competición o club quedou co xogador en propiedade, despois de pagar o seu traspaso.[6] Comezou a tempada 2015/16 como suplente do tamén galego Rubén Martínez,[7] pero acabou facéndose coa titularidade trala 15ª xornada. Con todo, o equipo valenciano acabou descendendo, e Mariño foi traspasado ao Sporting de Gijón.[8]
Na súa primeira tempada no Sporting, co equipo en Primeira, apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular o emeritense Iván Cuéllar. Fíxose coa titularidade no seu segundo ano en Xixón, tralo descenso a Segunda, e ocupou a portería do club durante o seguinte lustro, xogando preto de 200 partidos.
Foi internacional en todas as castegorías inferiores da selección española.[10] Coa selección sub-17 chegou á final do Mundial de 2007 en Corea do Sur, mentres que coa sub-21 conquistou dúas Eurocopas, en 2011 e 2013, as dúas como suplente de David de Gea.[1] En 2012 foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Londres, onde estivo de novo como suplente de De Gea.[11]
No 2016 representou a Galicia no partido amigable que a selección galega disputou contra Venezuela en Riazor, compartindo a portería co céltico Sergio Álvarez.[12]
Selección española sub-21