Distort Yourself | |
---|---|
Álbum de Institute | |
Publicado | 13 de setembro de 2005 |
Gravación | 2004-2005 |
Duración | 51:07 |
Xénero(s) | rock |
Selo(s) | Interscope Records |
Produtor | Gavin Rossdale, Page Hamilton |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Distort Yourself é o álbum debut, e único de momento, de Institute, un grupo musical formado polo ex cantante de Bush Gavin Rossdale. Saíu ao mercado o 13 de setembro de 2005 e debutou no posto 81º na lista Billboard 200, vendendo na primeira sobre 12.000 unidades. A totalidade de venda en todos os EUA era de 54.000 copias en abril do 2008.[1]
"Bullet Proof Skin" serviu como single do álbum, acadando o posto 28º na lista Mainstream Rock Tracks e 29º na lista Modern Rock Tracks. Tivo unha considerable transmisión radiofónica na súa estrea, e en setembro de 2005 foi tocado en directo en varios late night, como por exemplo o The Tyra Banks Show. A canción foi escollida para a banda sonora de A ameaza invisible e para o videoxogo NHL 06. Tamén se lle filmou un vídeo musical, dirixido por Kevin Kerslake, que xa fixera vídeos para Nirvana e Green Day.