El Español | |
---|---|
Fundación | 7 de outubro de 2015 |
Fundador | Pedro J. Ramírez, María Ramírez, Eduardo Suárez e sen etiquetar |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Madrid |
Na rede | |
http://www.elespanol.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Español é un xornal en liña español[1] lanzado en outubro de 2015 polo xornalista Pedro J. Ramírez, ex director do diario El Mundo.[2]
En febreiro de 2014, Pedro J. Ramírez foi destituído do seu cargo de director de El Mundo. Entón embarcouse nun novo proxecto xornalístico[3] coa súa filla, María Ramírez Fernández. O capital obtívose en parte mediante financiamento participativo.[2][3]
O nome do sitio web, El Español, fai referencia, segundo Pedro J. Ramírez, ao diario fundado no século XIX por Blanco White en Londres para defender a liberdade en España.[4]
En agosto de 2016, El Español asinou unha alianza coa web de noticias de Barcelona, Crónica Global.
Este novo medio liberal-conservador completa un panorama dos medios de comunicación españois que sufriu importantes cambios nos últimos anos, con páxinas web de información creadas a miúdo por xornalistas despedidos durante os plans de despedimento levados a cabo polos principais diarios, El País e El Mundo en particular, incluíndo, entre os que se fixeron máis notorios, El Diario, de esquerdas, e El Confidencial, de centro-dereita.[3]