![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1967 ![]() Donostia, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración ![]() |
Ocupación | Ilustradora |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Iedereen Leest (en) ![]() ![]() |
Sitio web | elenaodriozola.blogspot.com.es ![]() |
![]() |
Elena Odriozola Belástegui, nada en Donostia, o 27 de novembro de 1967, é unha ilustradora vasca de grande proxección internacional e con diversos galardóns, entre eles o Premio Euskadi de Literatura na categoría de ilustración (2009, 2013), Premio Nacional de Ilustración (2015) e a Mazá de Ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava (2015). [1] [2]
Nada nunha familia de artistas, comezou o seu interese pola pintura aos trece anos e máis tarde estudou Arte e Decoración. Comezou a súa carreira profesional nunha axencia de publicidade en 1989 e en 1995 publicou o seu primeiro libro ilustrado, Agure jakagorria do autor Jesús Mari Olaizola "Txiliku".[3] Ao longo da súa traxectoria ten ilustrado máis de cen títulos, utilizando principalmente a técnica acrílica, lapis e goma, papel sumi-e e cortador.[4]
Entre os seus autores de referencia están, entre outros, Nathalie Parain, Wolf Erlbruch, Sempé, Arthur Rackham, Lisbeth Zwerger e Czechka.[4]
Na súa obra ilustrada traballou especialmente con autores, maiormente vascos como Mariasun Landa, Arantxa Iturbe, Juan Kruz Igerabide, Anjel Lertxundi, Felipe Juaristi ou Patxi Zubizarreta, acadando con estes autores unha sensibilidade e un estilo común. Ademais da súa obra en éuscaro, ilustrou a obra de autores en castelán, catalán e inglés.
Tamén colaborou en obras publicadas en galego, como Oda a unha estrela (2009) publicado por Kalandraka Editora, onde ilustra un texto de Pablo Neruda, traducido por Xosé Ballesteros Rei; Un segredo do bosque (2008), Tres irmás ladroas (2007) e A princesa que bocexaba a todas horas (2005), publicados por OQO, e Furia (2007), publicada por Baía Edicións.[5]
Ten deseñado tamén logotipos e carteis para diversos eventos [6][7][8] e as etiquetas da colección 7 cepas, en homenaxe a autores como Virginia Woolf, Rubén Darío, Verne, Cervantes, Lorca, Baudelaire, Quevedo ou Stevenson.[9]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |