Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1930 Szczecin (Reich alemán) |
Morte | 26 de abril de 2019 (88 anos) Starnberg, Alemaña (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Zürich |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema |
Familia | |
Parella | Fred Haltiner |
Fillos | Katerina Jacob, Daniel Jacob |
Pai | Lutz Schwiers |
Premios | |
Sitio web | das-ensemble.de |
Ellen Schwiers-Jacob, nada o 11 de xuño de 1930 en Szczecin e finada o 26 de abril de 2019 en Berg [1][2], foi unha actriz alemá.
Ellen Schwiers procedía dunha familia de actores teatrais, seu pai era o actor Lutz Schwiers e durante a súa infancia levou unha vida itinerante. Tras a Segunda guerra mundial a familia instalouse en Hessen. Aprendeu a actuar de seu pai e logo de pasar o exame de interpretación, realizou as súas primeiras actuacións no teatro municipal de Coblenza e mais tamén traballou como apuntadora. O seu primeiro traballo cinematográfico foi en 1949 no filme Heimliches Rendezvous dirixido por Kurt Hoffmann. En 1953 pasou ao cadro do Deutsches Theater Göttingen dirixido por Heinz Hilpert[3]. O seu primeiro papel importante foi a protagonista Minna von Barnhelm oder das Soldatenglück de Lessing [4].
Ellen Schwiers actuou ata 1978 en numerosas películas en papeis de mulleres problemáticas e atraentes, que alteran a vida ordenada das súas parellas: Das Erbe von Björndal (1960), Der letzte Zeuge (1960), Frau Irene Besser (1960) ou Der Satan mit den roten Haaren ( 1964). No teatro tamén actuou en roles semellantes, como a amante en Jedermann (1961/1962, Salzburgo), Lady Macbeth no Macbeth de Shakespeare (1972) ou Lisístrata na obra de Rolf Hochhuth Lysistrata und die NATO (1974, Essen). Actuou nas estreas. Actuou tamén no mítico Schauspielhaus Zürich, participando na estrea de Der Meteor de Dürrenmatt e mais na de Biografie: Ein Spiel de Frisch. Moi relacionada co Burgfestspiele Jagsthausen, no seu marco dirixiu por primeira volta unha peza teatral, Was ihr wollt de Shakespeare e dende 1984 foi a directora do festival.
En 1982 co seu marido Peter Jacob e coa súa filla Katerina Jacob, fundaron o a compañía teatral "Das Ensemble" Jacob Schwiers. Actuou tamén en numerosas producións televisivas, incluídas series populares como Tatort, Der rote Schal ou Doktor Martin[5].