Engurras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Arrugas |
Director | Ignacio Ferreras |
Produtor | Manuel Cristóbal Oriol Ivern |
Guión | Paco Roca Ignacio Ferreras Rosanna Cecchini Ángel de la Cruz |
Baseado en | Engurras de Paco Roca |
Intérpretes | Álvaro Guevara Tacho González |
Música | Nani García |
Fotografía | David Cubero |
Montaxe | Ignacio Ferreras |
Estudio | Perro Verde Films |
Estrea | 2011 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Animación |
Orzamento | 2 000 000 € |
Recadación | 153.521,32 €[1] |
Na rede | |
http://www.arrugaslapelicula.com/ | |
Engurras é un filme de animación galego que se estreou por primeira vez o 19 de setembro de 2011 no Festival Internacional de Cine de Donostia, baseado no álbum de banda deseñada Engurras, de Paco Roca.
Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ó andar dos eivados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o monótono día a día na residencia.
O filme comezouse a rodar en xaneiro de 2010, dirixido por Ignacio Ferreras. A dirección de animación é do propio Paco Roca, autor do álbum orixinal, e a música do compositor galego Nani García. As produtoras son Perro Verde Films e a catalá Cromosoma.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor filme de animación | Ignacio Ferreras | Gañador |
Mellor director | Ignacio Ferreras | Nomeado | |
Mellor guión | Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechini | Gañadores | |
Mellor dirección de produción | Manuel Cristóbal e Helena Fortuny | Nomeados | |
Mellor dirección artística | Paco Roca | Gañador | |
Mellor montaxe | Gemma Gassó | Nomeada | |
Mellor música orixinal | Nani García | Gañadora | |
Mellor son | Diego S. Staub, Carlos García e Migel Barbosa | Gañadores |