A Paz e a Amizade | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 37°56′33″N 23°40′02″L / 37.942475, 23.667297 |
Localización | O Pireo, Grecia |
Construción | |
Inauguración | 16 de febreiro de 1985 |
Renovación | 2002–2004 (7,3 millóns de €) |
Arquitecto | Thimios Papagiannis |
Custo | 25 millóns de € (1983) |
Estadio | |
Superficie | Parquet |
Capacidade | 14.940 espectadores |
Propietario | Ministerio de Cultura |
Operadora | Olympiacos |
Localía | Olympiacos do Pireo (HEBA) |
Web | http://www.sef-stadium.gr |
Eventos | |
Eurobasket 1987 Mundial de Baloncesto 1998 Xogos Olímpicos de 2004 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio da Paz e a Amizade, coñecido tamén polo acrónimo S.E.F. (Stadio Eirinis kai Filias, en grego: Στάδιο Ειρήνης και Φιλίας), é unha instalación deportiva dedicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto situada no Pireo, Ática.
Este pavillón, sede central do Complexo Olímpico Deportivo de Faliro (O Pireo, Grecia), acolleu a competición de voleibol nos Xogos Olímpicos de 2004 e desde 1992 é a cancha oficial de xogo do ΚΑΕ Olympiacos.