Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1993 (31 anos) Torroella de Montgrí, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Sulli, Turca | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Esther Sullastres Ayuso, nada en Torroella de Montgrí o 20 de marzo de 1993, é unha futbolista española, que xoga de porteira no Sevilla, da Primeira División Feminina. Foi internacional coa selección española e tamén coa selección de Cataluña.
Naceu en Torroella de Montgrí, unha vila do Baix Empordà. No verán de 2001, aos nove anos, ingresou na canteira do UE L'Estartit.
Debutou co primeiro equipo na Superliga na tempada 2008-09, con só 15 anos. Foi o 14 de decembro de 2008, nun partido de liga ante o Colexio Alemán, en Valencia, que acabou en derrota por 2-0. Desde entón alternou as súas actuacións entre a UE L'Estartit B e o primeiro equipo. Con 16 anos asumiu a titularidade na portería da UE L'Estartit, compartíndoa con Alba Montserrat.[1] Tamén xogou un partido da Copa da Raíña de Fútbol ante o Levante UD.
Na tempada 2011-12, a UE L'Estartit descendeu a Segunda División, no medio dunha crise económica no club.[2][3] Esta circunstancia fixo que escoitase diversas ofertas de clubs de Primeira División e acabou fichando polo FC Barcelona.[4][5]
Debutou oficialmente co Barcelona nun partido correspondente ás semifinais da Copa Cataluña 2012 ante a mesma UE L'Estartit, o 24 de agosto de 2012 en Manresa, con vitoria por 8-0. Tres días despois, o 27 de agosto, gañou o seu primeiro título co FC Barcelona tras vencer na quenda de penaltis da final ao RCD Español.
En setembro de 2012, o FC Barcelona xogou no Mini Estadi os oitavos de final da Liga de Campións contra o Arsenal Ladies, perdendo os dous encontros (0-3 e 4-0). Sullastres participou no partido de ida. Ese ano proclamouse campioa de liga co equipo catalán, tras superar no último encontro ao Athletic Club en San Mamés, e gañou tamén a Copa da Raíña.
O 24 de xuño de 2013, xogou o seu último partido co FC Barcelona tras anunciar o seu desexo de non continuar no club. O encontro, correspondente aos cuartos de final da Copa Cataluña, tivo lugar no estadio Nova Creu Alta de Sabadell e rematou con vitoria por 0-13.
A continuación fichou polo Transportes Alcaine de Zaragoza, onde militou durante dous anos, antes de ser traspasada en 2015 ao Valencia Féminas, onde xogou outras durante dúas tempadas.[6] En 2017 regresou ao club aragonés, chamado xa Zaragoza CFF. Cinco meses despois da súa chegada, o 28 de xaneiro de 2018, sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.[7] Foi operada e mantívose lonxe dos terreos de xogo durante 18 meses. Ao final da tempada non renovou co Zaragoza CFF, quedando como xogadora sen equipo. Recibiu unha chamada do Deportivo da Coruña, que lle ofreceu completar a súa recuperación no club, pero rexeitou a oferta para poder rematar o curso académico dos seus estudos de veterinaria en Zaragoza.[8]
Meses despois, unha vez rematado o curso académico, o Deportivo volveu facer unha nova oferta. En xuño de 2019 oficializouse a súa fichaxe polo club coruñés, como unha das xogadoras de referencia na súa primeira tempada na Primeira División.[9] O 8 de setembro de 2019, despois de 588 días sen xogar un partido oficial, regresou ao terreo de xogo na primeira xornada de liga, enfrontándose ao Espanyol na Cidade Deportiva de Abegondo. Viviu na Coruña dous anos, nos que aprendeu galego,[10] e deixou o club tralo descenso á Segunda División en 2021.[11]
A continuación asinou co Sevilla FC, da Primeira División, onde coincidiu de novo co adestrador Cristian Toro, que xa a dirixira no Valencia.[12]
Foi convocada para as seleccións sub-17 e sub-19 de España, participando en dous campionatos de Europa. Ademais, tamén foi internacional co Absoluto.
Foi internacional coa selección española absoluta nunha ocasión, nun partido contra Islandia o 6 de marzo de 2017, correspondente á Copa do Algarve, na que xogou a segunda parte do partido,, substituíndo a Mariasun Quiñones.
Disputou seis partidos coa selección de Cataluña. Con este equipo, en maio de 2008, proclamouse subcampioa de España de seleccións autonómicas.