O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.
Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construírse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.
Estrella Sierra Nevada : Madrid - Granada / Almería (actualmente Altaria e Talgo respectivamente)
Estrella Sol de Levante: Alacant - País Vasco, vía Valencia, Tarragona, Lleida, Zaragoza e Castejón de Ebro, ramas a Bilbao vía Miranda de Ebro e Irún vía Pamplona e San Sebastián (servizo suprimido)