(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1942 Bilbao, España |
Morte | 3 de xullo de 2022 (79 anos) Madrid, España |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid Universidade de Salamanca |
Director de tese | Miguel Artola Gallego |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, historiador, escritor |
Empregador | Universidade de Deusto |
Membro de | |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Familia | |
Irmáns | José Ángel García de Cortázar Ignacio García de Cortázar |
Premios | |
Fernando García de Cortázar Ruiz de Aguirre, nado en Bilbao o 4 de setembro de 1942[1] e finado en Madrid o 3 de xullo de 2022, foi un historiador español e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Deusto. Foi irmán de José Ángel García de Cortazar, historiador medievalista.
Ligado á Compañía de Xesús dende 1959, formouse como xesuíta en Orduña e en Villagarcía de Campos para logo facer o maxisterio, etapa de traballo nun centro da orde, en Pamplona. No Santuario de Loiola ordenouse sacerdote en 1971 e, en 1978, tomou os votos definitivos como xesuíta.[2] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca e Teoloxía en Madrid.
Doutor en Historia Moderna e Contemporánea, e en Teoloxía, e catedrático de Historia na Universidade de Deusto, da que foi profesor e decano na Facultade de Filosofía e Letras entre 1981 e 1982.[3] En 2007 e ata o seu pasamento foi profesor emérito da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto.[4] Tamén foi presidente da Fundación Grupo Correo e da Fundación Vocento.[5]
Considerado como un discípulo de Miguel Artola,[4] os eidos de investigación preferente de Fernando García de Cortázar foron a Historia de España, de Euskadi e da Igrexa.[4][6] Destacou como divulgador e algunhas obras, como Breve Historia de España, acadaron un importante éxito de vendas.[7] Tamén participou como coordinador do equipo de historiadores que supervisou a serie documental Memoria de España emitida por TVE en 2004.[8]
Foi patrono de honra da Fundación para a Defensa da Nación Española, consideraba que a diversidade de España facíaa unha "nación multicultural", e criticou que os gobernos de España buscasen o apoio de forzas políticas nacionalistas.[9][10] Tamén descualificou o proceso independentista catalán.[11][12] Dirixiu a Fundación 2 de maio, nación e liberdade, creada pola Comunidade de Madrid para conmemorar o bicentenario da Guerra de Independencia, ata a súa disolución en 2014.[13]
Dende 1986 foi académico correspondente por Biscaia da Real Academia da Historia. Foi galardoado co Premio Nacional de Historia de España 2008 pola obra "Historia de España desde el arte",[1][4] o Premio de novela histórica Afonso X por "Tu rostro con la marea"[1] ou o Premio Bravo de 2020 concedido pola Conferencia Episcopal de España, por citar algúns recoñecementos. Tamén foi condecorado coa Orde do Mérito Constitucional de España e coa Orde das Palmas Académicas de Francia.[14]
Morreu durante a madrugda do 3 de xullo de 2022, cando contaba con 79 anos, tras levar 3 días ingresado na Clínica de la Luz, en Madrid, onde entrou por mor dunha peritonite.[1]
De entre as súas obras, destacan:
Tamén escribiu dúas novelas:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando García de Cortázar |