Serena | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fernando Rodríguez Serena | ||
Nacemento | 28 de xaneiro de 1941 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Falecemento | 15 de outubro de 2018 | ||
Lugar de falecemento | Pamplona | ||
Altura | 165 centímetros | ||
Posición | extremo esquerdo | ||
Carreira xuvenil | |||
Real Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1960–1961 | Plus Ultra | 25 | (4) |
1961–1968 | Real Madrid | 54 | (11) |
1961–1963 | → Osasuna | 51 | (9) |
1968–1970 | Elche | 39 | (3) |
1970–1976 | Sant Andreu | 175 | (18) |
Total | 344 | (45) | |
Selección nacional | |||
1959 | España sub-18 | 1 | (0) |
1963 | España | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fernando Rodríguez Serena, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1941 e finado en Pamplona o 15 de outubro de 2018,[1][2] foi un futbolista español que xogaba como extremo dereito.
Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e en 1960 debutou co filial, o Plus Ultra, na Segunda División. Nese equipo coincidiu con xogadores como Luis Aragonés ou Gento III, e disputou 26 encontros, marcando 4 goles. A continuación xogou dous anos cedido en Osasuna, na Primeira División, club co que marcou un total de 10 goles en 55 partidos.
En 1963 regresou ao Real Madrid, e xogou as seguintes cinco tempadas co primeiro equipo. É especialmente lembrado por marcar o gol decisivo na final da Copa de Europa de 1966, ante o Partizan de Belgrado no estadio de Heysel de Bruxelas, completando a remontada do club branco, despois de que Velibor Vasović adiantase o equipo iugoslavo e Amancio empatase.[3][4] Adoitaba xogar na banda dereita, onde destacaba pola súa elegancia, a velocidade do seu xogo e a precisión nos centros.
En 1968 polo Elxe CF, onde xogou dúas tempadas, antes de pasar á UE Sant Andreu, club no que se asentou durante os seguintes seis anos, todos eles na Segunda División.
Vestiu nunha ocasión a camiseta da selección española, o 9 de xaneiro de 1963, nun partido amigable contra Francia no Camp Nou no que entrou na segunda parte como substituto de Enrique Collar.
Faleceu o 15 de outubro de 2018, aos 77 anos.[1]