Fernando Simón

Modelo:BiografíaFernando Simón

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Simón Soria Editar o valor en Wikidata
29 de xullo de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Director Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias
2012 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - medicina
London School of Hygiene & Tropical Medicine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpidemioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónepidemiólogo (2002–) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986, idade dunha persoa:35 ano de idade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorCentro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, director (2004–)
National School of Public Health (en) Traducir, docente
Medicus Mundi International (en) Traducir, médico
Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades, conselleiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio Simón Ramiro Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 858874

Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo aragonés. É director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014[1] e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia por coronavirus de 2020 en España.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en medicina na Universidade de Zaragoza e especializouse en epidemioloxía na Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres. Participou no Programa Europeo de Formación en Epidemioloxía de Intervención do Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades antes de ingresar no Corpo de Médicos Titulares do Estado de España.

Exerceu como director do Centro de Investigación en Enfermidades Tropicais de Manhica (Mozambique) e do Hospital de Ntita (Burundi). Dirixiu o programa do Centro Nacional de Epidemioloxía (CNE) de España e coordinou a Unidade de Alerta e Resposta Sanitaria deste centro entre os anos 2003 e 2011.

  1. "Red Nacional de Vigilancia Epidemiológica: A la caza de nuevos patógenos". El Médico Interactivo (en castelán). 25 de novembro 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2016. 
  2. "Fernando Simón, el supermédico contra el coronavirus: ya le ganó la batalla al ébola y el zika". El Español (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.