(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Simón Soria 29 de xullo de 1963 (61 anos) Zaragoza, España |
Director Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias | |
2012 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid |
Educación | Universidade de Zaragoza - medicina London School of Hygiene & Tropical Medicine (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Epidemioloxía |
Ocupación | epidemiólogo (2002–) |
Período de actividade | 1986, idade dunha persoa:35 ano de idade (pt) - |
Empregador | Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, director (2004–) National School of Public Health (en) , docente Medicus Mundi International (en) , médico Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades, conselleiro |
Familia | |
Pai | Antonio Simón Ramiro |
Premios | |
| |
Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo aragonés. É director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014[1] e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia por coronavirus de 2020 en España.[2]
Licenciouse en medicina na Universidade de Zaragoza e especializouse en epidemioloxía na Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres. Participou no Programa Europeo de Formación en Epidemioloxía de Intervención do Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades antes de ingresar no Corpo de Médicos Titulares do Estado de España.
Exerceu como director do Centro de Investigación en Enfermidades Tropicais de Manhica (Mozambique) e do Hospital de Ntita (Burundi). Dirixiu o programa do Centro Nacional de Epidemioloxía (CNE) de España e coordinou a Unidade de Alerta e Resposta Sanitaria deste centro entre os anos 2003 e 2011.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Simón |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |