Australia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1996. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, dezaseis filmes australianos foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, e un deles, Tanna, foi nomeado para o premio.[5] As propostas australianas son escollidas por un comité de profesionais da industria cinematográfica australiana e Screen Australia.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Australia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título |
Lingua(s) |
Director |
Resultado
|
1996 (69ª)
|
Floating Life
|
Cantonés, inglés e alemán
|
Law, ClaraClara Law
|
Non nomeado
|
2001 (74ª)
|
La Spagnola
|
Castelán, inglés e italiano
|
Jacobs, SteveSteve Jacobs
|
Non nomeado
|
2006 (79ª)
|
Ten Canoes
|
Yolngu matha, kunwinjku e inglés
|
de Heer, RolfRolf de Heer
|
Non nomeado
|
2007 (80ª)
|
The Home Song Stories
|
Cantonés, inglés e mandarín
|
Ayres, TonyTony Ayres
|
Non nomeado
|
2009 (82ª)
|
Samson and Delilah[7]
|
Warlpiri e inglés
|
Thornton, WarwickWarwick Thornton
|
Lista curta de xaneiro
|
2012 (85ª)
|
Lore[8]
|
Alemán
|
Shortland, CateCate Shortland
|
Non nomeado
|
2013 (86ª)
|
The Rocket[9]
|
Laosiano
|
Mordaunt, KimKim Mordaunt
|
Non nomeado
|
2014 (87ª)
|
Charlie's Country[10]
|
Yolngu matha
|
de Heer, RolfRolf de Heer
|
Non nomeado
|
2015 (88ª)
|
Arrows of the Thunder Dragon[11]
|
Dzongkha
|
Sneddon, GregGreg Sneddon
|
Non nomeado
|
2016 (89ª)
|
Tanna[12]
|
Nauvhal
|
Martin Butler, Bentley Dean
|
|
2017 (90ª)
|
The Space Between[13]
|
Italiano
|
Ruth Borgobello
|
Non nomeado
|
2018 (91ª)
|
Jirga[14]
|
Paxto
|
Benjamin Gilmour
|
Non nomeado
|
2019 (92ª)
|
Buoyancy[15]
|
Khmer e tailandés
|
Rodd Rathjen
|
Non nomeado
|
2021 (94ª)
|
When Pomegranates Howl[16]
|
Paxto e persa
|
Granaz Moussavi
|
Non nomeado
|
2022 (95ª)
|
You Won't Be Alone[17]
|
Macedonio
|
Goran Stolevski
|
Non nomeado
|
2023 (96ª)
|
Shayda[18]
|
Persa e inglés
|
Noora Niasari
|
Non nomeado
|
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ 5,0 5,1 BBC News, ed. (24 de xaneiro de 2017). "Oscars 2017: The full nominations". Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Runner-up: Van Diemen's Land, directed by Jonathan auf der Heide. Source: http://www.screendaily.com/awards/academy-awards/academy-awards-news/australia-selects-samson-for-foreign-language-oscar/5006233.article
- ↑ "Australian film Lore up for an Oscar". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2012.
- ↑ "Australian film The Rocket has a shot at the Oscars". The Australian. Consultado o 2013-09-10.
- ↑ "Oscars: Australia Selects 'Charlie's Country' for Foreign-Language Category". Hollywood Reporter. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ Maddox, Garry (9 de outubro de 2015). "Arrows the Thunder Dragon: the Australian Oscar contender you won't have heard of". The Sydney Morning Herald. Consultado o 9 de outubro de 2015.
- ↑ Frater, Patrick (23 de agosto de 2016). "Australia Selects 'Tanna' as Foreign-Language Oscar Contender". Variety. Consultado o 23 de agosto de 2016.
- ↑ Kilday, Gregg (5 de outubro de 2017). "Oscars: 92 Films Submitted in Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de outubro de 2017.
- ↑ Groves, Don (9 de outubro de 2018). "'Jirga' is Australia's submission for Best Foreign Language Film Oscar". If. Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ Frater, Patrick (25 de setembro de 2019). "Australia Floats Buoyancy as Its Oscars Contender". Variety. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Oscars Race: Australia Selects Afghanistan Coproduction 'When Pomegranates Howl'". Variety. 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Oscars International Race 2022: Full Entries List (Updating)" (en inglés). 2022-10-06. Consultado o 2022-10-31.
- ↑ Slatter, Sean (31 de agosto de 2023). "Noora Niasari’s 'Shayda' submitted for Best International Feature Oscar". IF Magazine. Consultado o 3 de setembro de 2023.