Malaisia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez dende o ano 2004. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, un total de oito filmes foron presentados para Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. Puteri Gunung Ledang foi o primeiro filme en ser proposto para o ano 2003, e dende entón ningún outro filme foi proposto até o ano 2012, un filme dirixido por Dain Said e titulado Bunohan.
Na 88ª edición dos Óscar, Lelaki Harapan Dunia foi decidido pola Corporación de Desenvolvemento Nacional de Cinema de Malaisia (FINAS), afiliado co Ministerio de Comunicación e Multimedia de Malaisia.[5]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Malaisia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
2004 (77ª) |
Puteri Gunung Ledang | Saw Teong Hin | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Bunohan[7] | Dain Said | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Lelaki Harapan Dunia[8] | Liew Seng Tat | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Redha[9] | Tunku Mona Riza | Non nomeado |
2019 (92ª) |
M for Malaysia[10] | Dian Lee, Ineza Roussille | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Roh[11] | Emir Ezwan | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Prebet Sapu[12] | Muzzamer Rahman | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Tiger Stripes[13] | Amanda Nell Eu | Non nomeado |