Fleabag | |
---|---|
Logo da serie. | |
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Phoebe Waller-Bridge |
Dirixido por | Harry Bradbeer Tim Kirkby (episodio piloto) |
Intérpretes | Phoebe Waller-Bridge Sian Clifford Andrew Scott |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 12 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Phoebe Waller-Bridge Harry Williams Jack Williams Harry Bradbeer (tempada 2) Lydia Hampson (tempada 2) Joe Lewis (tempada 2) |
Duración | 23–28 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC Three (tempada 1) BBC One (tempada 2) |
Primeiro episodio | 21 de xullo de 2016 |
Derradeiro episodio | 8 de abril de 2019 |
Na rede | |
https://www.amazon.com/gp/video/detail/B07QGKM68X/ref=atv_dp_season_select_atf/ref=dvm_us_aos_soc_flbg_tw_or_33 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fleabag é unha serie de televisión británica creada, escrita e protagonizada por Phoebe Waller-Bridge, baseada nun monólogo seu que comezou a representar en 2013. Producida por Two Brothers Pictures e emitida por BBC Three e Amazon Prime Video,[1][2] consta de dúas tempadas con cadanseus seis capítulos. Estreouse o 21 de xullo de 2016 en BBC Three. O derradeiro episodio da segunda tempada emitiuse o 8 de abril de 2019.[3] A serie acadou seis Emmy e onze candidaturas dos Premios Emmy do ano 2019, entre os que destacan á mellor comedia, á mellor actriz en serie de comedia e ao mellor guión, por Phoebe Waller-Bridge.[4][5]
Fleabag é unha moza londiniense directa, vital e inconformista que pasa por unha crise despois de perder a súa mellor amiga coa que montara unha cafetaría. Con diálogo co espectador, o personaxe amósanos dende o seu punto de vista a súa inestábel e frenética vida sexual e amorosa, e as complicación relacións coa súa familia.[6][7]
Tempada | Capítulos | Data de comezo | Data de finalización | |
---|---|---|---|---|
1 | 6 | 21 de xullo de 2016 | 25 de agosto de 2016 | |
2 | 6 | 4 de marzo de 2019 | 8 de abril de 2019 |