Flee | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Flee |
Director | Jonas Poher Rasmussen |
Produtor |
|
Guión |
|
Música | Uno Helmersson |
Fotografía | Mauricio Gonzalez-Aranda |
Montaxe | Janus Billeskov Jansen |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Sundance: 28 de xaneiro de 2021 |
Duración | 90 minutos[2] |
Orixe | Dinamarca Estados Unidos Reino Unido Suecia Noruega Francia |
Xénero | Drama e animación |
Recadación | 58 364 dólares[3][4] |
Na rede | |
https://www.fleemovie.com | |
Flee é un filme de animación de 2021 dirixido por Jonas Poher Rasmussen. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, os Estados Unidos de América, o Reino Unido, Suecia, Noruega e Francia. Conta a historia dun home chamado Amin Nawabi, que comparte por primeira vez o seu pasado oculto, no cal tivo que fuxir do seu país. Riz Ahmed e Nikolaj Coster-Waldau son os produtores executivos.
É considerado un dos máis aclamados e galardoados filmes documentais de animación dende Vals Im Bashir (2008).[5][6][7] Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios,[8][9] sendo nomeado xunto a outros catro filmes. Ademais, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental[10] e ó Óscar ó mellor filme de animación.[11] Nos Premios Óscar, converteuse no primeiro filme de animación e documental para adultos en ser nomeado máis de dúas veces, no primeiro filme de animación en ser nomeado na categoría de documental e o primeiro en ser nomeado na categoría internacional dende Vals Im Bashir de 2008.
O filme conta a historia de Amin Nawabi, quen, a piques de casar co seu marido, conta por primeira vez a súa historia sobre o seu pasado oculto, cando fuxiu do seu país natal (Afganistán) cara a Dinamarca como refuxiado.