Coordenadas: 23°32′14.66″S 46°38′51.98″O / -23.5374056, -46.6477722
Folha de São Paulo | |
---|---|
Sede do Grupo Folha en São Paulo. | |
Tipo | Información xeral |
Formato de páxina | Standard (600×400 mm) |
Cor | Cor e branco e negro |
Fundación | 19 de febreiro de 1921 (103 anos) |
Empresa editora | Empresa Folha da Manhã S.A. |
Propietario | Grupo Folha (Presidente Luiz Frias) |
Director | Maria Cristina Frias (2018 -) |
Fundador | Olival Costa e Pedro Cunha |
Editor xefe | Sérgio Dávila |
Lingua | Portugués |
Ámbito | Nacional |
Impresión | São Paulo |
Periodicidade | Diaria |
Tiraxe | 189.254 exemplares en 2015 (media diaria de 2015, impresos) [1] |
ISSN | 1414-5723 |
Na rede | |
http://www.folha.com.br/ e http://folha.uol.com.br | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Folha de S. Paulo, Folha de São Paulo, ou simplemente Folha,[2] é un xornal brasileiro editado na cidade de São Paulo. É o diario de maior circulación no Brasil, segundo o Instituto Verificador de Circulação (IVC).[3] O seu slogan é O Jornal do Futuro. Um Jornal a Serviço do Brasil.
O 19 de febreiro de 1921 un grupo de xornalistas liderado por Olival Costa e Pedro Cunha fundaron en São Paulo a Folha da Noite, en oposición ao principal xornal da cidade, O Estado de S. Paulo, que representaba ás elites rurais e asumía unha posición conservadora, tradicional e ríxida.[4]
A empresa tivo éxito, o que permitiu aos socios comprar unha sede propia, unha rotativa e, en xullo de 1925, crear un segundo periódico, este matutino: a Folla da Mahã. En 1949 fundouse un terceiro diario, a Folha da Tarde.[3] En 1950 todas as Folhas pasaron a imprimirse nun edificio sitiuado na Alameda Barão de Campinas.[5] Finalmente, en 1960, os tres periódicos fusionáronse en Folha de S.Paulo.[3]
O edificio da Alameda Barão de Campinas quedou pequeno, polo que foi ampliado ao final dos anos 1960 coa construción dun segundo edificio na alameda Barão de Limeira, no barrio dos Campos Elísios. Hoxe, este edificio é a entrada principal da empresa..[5]
Co fin da Ditadura militar do Brasil (1964–1985), e coa recuperación da liberdade de prensa, os periódicos convertéronse nun importante canal para a manifestación da opinión pública. En 1986, a Folha converteuse no xornal de maior circulación en todo o país, liderado que mantén desde entón. En 1995, un ano despois de superar a marca de 1 millón de exemplares os domingos,[6] a Folha inaugurou seu novo parque gráfico, considerado o maior e máis atualizado tecnoloxicamente na América Latina. O récord de tirada e de vendas do xornal alcanzouse en 1994, na época do lanzamento do Atlas Folha/The New York Times (1.117.802 exemplares no domingo).
Aínda que é un xornal do estado de São Paulo, a Folha ten unha influencia moi ampla en todo o país e noutros medios de comunicación.
Tivo un importante papel no episodio da destitución do presidente Fernando Collor de Mello en 1992.
Folha de São Paulo presenta unha ampla selección de novas, con moitos artigos pequenos, notas e reportaxes ilustrados. O periódico intenta presentar diversos ángulos da mesma historia, que se basea nun enfoque máis visual para presentar as novas, usando detalles explicativos, gráficos, documentos e fotografías.
Actualmente, a Folha é o centro dunha serie de actividades na esfera da industria das comunicacións, abranguendo xornais, un banco de datos, un instituto de investigacións de opinión e de mercado, unha axencia de novas, un servizo de información e entretemento en tempo real, e unha empresa de transporte. Ao lado de O Globo, Estado de Minas, Zero Hora, Correio Braziliense e O Estado de S. Paulo, entre outros, forma o grupo dos principais xornais de referencia do Brasil.[7][8][9][10]
A versión dixital da Folha de São Paulo foi o primeiro xornal en tempo real en portugués. Ao igual ca versión impresa ofrece noticias, artigos e temáticas sobre diversos asuntos, como política, deportes e economía.
En xullo de 2011 o xornal comezou a publicar en Internet a Folha Internacional, con noticias traducidas ao castelán e ao inglés.[11]
No segundo semestre de 2017, a Folha contaba con correspondentes, entre fixos e bolseiros, nas seguintes cidades:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folha de S. Paulo |