Francisco José Pérez Pérez

Modelo:BiografíaFrancisco José Pérez Pérez

Langeweg vs. Pérez (1961)
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña
Cuba Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestre Internacional (1959) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1964Olimpíada de xadrez de 1964
1960Olimpíada de xadrez de 1960
1958Olimpíada de xadrez de 1958 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5250754

Francisco José Pérez Pérez, nado en Vigo o 8 de setembro de 1920 e finado na Habana o 20 de setembro de 1999, foi un xadrecista galego, tres veces campión nacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vigo pero aprendeu a xogra ao o xadrez en Málaga, onde fora destinado o seu pai, que era militar. A súa irmá, Amelia Pérez de Navas, foi unha destacada xogadora en Córdoba (Arxentina).[1]

Durante a súa vida profesional, ó trasladarse a vivir a Madrid, logrou os campionatos de Castela nos anos 1941, 1943, 1946, 1947 e 1949 no que venceu a Arturo Pomar no desempate; a nivel nacional, gañou numerosos torneos así como o de Estoril en 1950.

Logrou os campionatos de España absolutos nos anos 1948 superando ao xogador Rafael Saborido, no 1954 superando ó mestre internacional Román Torán e no 1960 superando novamente a Saborido, e resultou subcampión nunha ocasión, no ano 1948 por detrás de Antonio Medina.

Conseguiu o título de Mestre Internacional no ano 1959 e foi considerado como o mellor xogador á cega de España. Como xogador á cega, estabeleceu varias veces a plusmarca española, en 1947 en Vitoria, a 15 taboleiros, con 11 vitorias, 2 derrotas e 2 táboas, en 1954 en La Pobla de Segur, Lleida, a 20 taboleiros e no 25 de marzo de 1956 en Madrid, a 25 taboleiros dos que gañou 20 partidas, 1 perdida e 4 táboas.[2]

Foi xogador da Selección Española e participou nas Olimpíadas de xadrez en dúas ocasións en Múnic no ano 1958 e en Leipzig en 1960, no Campionato de Europa de xadrez por equipos de 1961 en Oberhausen[3] e na Copa Clare Benedict nos anos 1958, 1959 e 1960.[4][5]

Período en Cuba

[editar | editar a fonte]

Posteriormente trasladouse a vivir a Cuba, onde gañou o Torneo Zonal do Caribe en 1963 e a quen representou na Olimpíada de Tel Aviv en 1964. Cando deixou de participar en competicións, dedicouse ó ensino do xadrez e a editar unha revista especializada.

Morreu na Habana o 20 de setembro de 1999.

  1. Revista Jaque Mate (Argentina) enero 1956, p. 10.
  2. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  3. Campeonatos de Europa por equipos
  4. Olimpíadas de ajedrez
  5. Copa Clare Benedict