(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1955 (69 anos) Pontevedra, España |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | político, diplomático |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Irmáns | Alejandro Millán Mon |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Francisco José Millán Mon, nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955, é un diplomático e político galego do Partido Popular.
Sobriño do conde de Quirós, Millán Mon licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e despois diplomouse en Estudos Internacionais na Escola Diplomática de Madrid.
Ingresou na carreira diplomática en 1980 e en 1984 marcha traballar á embaixada de España na República Federal Alemá, que daquela estaba en Bonn. Despois regresou ao ministerio de Exteriores onde traballou entre outros postos na asesoría xurídica co ministerio e como director do gabinete do Secretario Xeral para as Comunidades Europeas. En 1993 volveu marchar, neste caso á embaixada en Rabat, e ao seu regreso a Madrid en 1996 volveu ao seu posto como director de gabinete na dirección xeral ocupada das relacións coa Unión Europea, pero desta vez xa cunha administración do Partido Popular. En 1998 foi nomeado director xeral de Política Exterior para Europa baixo o ministerio de Abel Matutes.
No ano 2000 pasou a ser asesor de política internacional do ministro de Presidencia Mariano Rajoy, e logo continuou no seu equipo cando este pasou ao ministerio do Interior. Ao perder o Partido Popular as eleccións xerais de 2004, Millán Mon pasou a compoñer a lista da súa formación ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2004, e resultou elixido eurodeputado. Como parlamentario en Bruxelas centrouse sobre todo en aspectos de política exterior europea, e foi relator dun informe sobre as relacións cos Estados Unidos. Foi o voceiro do Partido Popular Europeo no proceso de adhesión de Romanía á Unión Europea. resultou reelixido nas eleccións de 2009. En 2010 pasou a presidir o intergrupo de parlamentarios para os Camiños de Santiago. Dende 2008 é ademais membro do Comité Executivo Nacional do PP.
É sobriño de Isidoro Millán González-Pardo e irmán do actual conde de Quirós, Isidoro Millán Mon. Casou con Mercedes Rajoy Brey, irmá de Mariano Rajoy, de quen é polo tanto cuñado.