Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1618 ![]() Cervás, España ![]() |
Morte | 1680 ![]() Granada, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, poeta ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Cervás (Ares) en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.
Trillo naceu en 1618 no castelo de San Martiño, en Ares. En 1632 a súa familia trasladouse a Granada, onde frecuentou ambientes literarios e estableceu amizade co poeta Pedro Soto de Rojas, do que prologou o libro Jardín cerrado. Seguiu a carreira das armas e foi soldado en Italia e posiblemente en Flandres, mais abandonou esta vida e volveu a Granada para dedicarse ás letras. Foi influído por Luis de Góngora e a estética do Culteranismo e consagrouse a traballos eruditos. Faleceu en Granada en 1680.
Escribiu unha epopea culta, Neapolisea: poema heroyco y panegirico al Gran Capitan Gonzalo Fernández de Cordoua (Granada: por Baltasar de Bolívar e Francisco Sánchez, 1651), sobre a figura e fazañas de Gonzalo Fernández de Córdoba, o "Gran Capitán". O seu estilo culterano desgustou o crítico Marcelino Menéndez Pelayo. Ese estilo tamén se advirte en Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652), colección que inclúe traducións de Anacreonte, composicións inspiradas na Biblia e unha Fábula de Leandro procedente de Ovidio. Foi tamén un poeta festivo e satírico ao estilo de Góngora. Consérvase unha Historia de Granada da súa autoría no Museo Británico.