Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1851 San Valentino alla Muta, Italia (pt) |
Morte | 15 de decembro de 1924 (73 anos) Traismauer, Austria (pt) |
País de nacionalidade | Austríaca |
Actividade | |
Ocupación | Profesor de música, entomólogo |
Franz Friedrich Kohl, nado en St. Valentin auf der Haide, Tirol do Sur (Imperio Austro-Húngaro), o 13 de xaneiro de 1851 e finado en Traismauer, Baixa Austria (República de Austria), o 15 de decembro de 1924, foi un entomólogo e investigador da música folclórica austríaco.
Naceu en St. Valentin auf der Haide, Tirol do Sur, vila daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro e hoxe pertencente á provincia autónoma de Bolzano de Italia.
Kohl foi inicialmente docente de ensino secundario en Bolzano e despois en Innsbruck, como profesor de música.
Posteriormente traballou no departamento de entomoloxía do Museo de Historia Natural de Viena (Naturhistorisches Museum. Wien). Especializouse en himenópteros, especialmente na familia dos esfécidos. Publicou unhas 75 obras sobre entomoloxía, incluídas 12 monografías, é dicir, aquelas nas que máis se fomenta a sistemática desta rama da ciencia.
É coñecido pola súa monografía Die Crabronen der paläarktischen Region monographisch bearbeitet, publicada en 1915 en Ann. Hofmus. Wien 29: 1-453. Fóra do ámbito entomolóxico é tamén coñecido pola descrición, en 1886, do xénero Litocranius, antílope da subfamilia dos antilopinos, que publicou en Ann. K. K. Naturhist. Hofmus. Wien, 1: 79.[1]
A abreviatura Kohl emprégase para recoñecer a Franz Friedrich Kohl como autoridade na descrición e clasificación taxonómica en zooloxía.