Nome orixinal | (es) Gómez Pérez Dasmariñas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1519 Viveiro, España |
Morte | 25 de outubro de 1593 (74 anos) Filipinas |
Capitán Xeneral de Filipinas | |
1 de xuño de 1590 – 25 de outubro de 1593 ← Santiago de Vera – Pedro de Rojas (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político, diplomático, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Fillos | Luis Pérez das Mariñas |
Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro[1] en 1539[2] e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador de Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.
Fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira e de Berenguela das Mariñas, Gómez Pérez foi nomeado gobernador de León o 30 de xaneiro de 1579. No seu recordo pódese atopar unha inscrición na Casa das Carnicerías da capital leonesa, que reza: Hízose este edificio, más las fuentes y calzadas de la ciudad, siendo Gobernador el muy ilustre Gómez Pérez das Mariñas. Año de 1581, el cual gobernó bien. O éxito no seu labor redunda no seu nomeamento, polo rei Filipe II, como corrixidor das cidades de Cartagena, Lorca e Murcia, o 27 de setembro de 1584, cargo que ocupa ata o 1 de xaneiro de 1587.
No ano 1589, e en compensación aos seus servizos, recibe do Rei o hábito da Orde de Santiago e o nomeamento como Capitán xeneral das Illas Filipinas, a onde non chegará ata maio de 1590. Á súa xestión como Gobernador débense a construción das murallas de Manila, a reconstrución do Forte Santiago e o inicio das obras da catedral da cidade. Igualmente, fundou a poboación de Dasmariñas, a 24 quilómetros da capital, na provincia de Cavite (Calabarzón), e que na actualidade conta con preto de 400.000 habitantes.
Destacou tamén no seu labor diplomático, sendo o primeiro gobernador español en establecer contactos co Xapón, e potenciando as relacións comerciais coa China. No entanto, falecería asasinado a bordo do navío "La Capitana", ao mando do cal se dirixía cara á conquista das illas Molucas. Sucederíao no cargo o seu fillo Luís.
Predecesor: Santiago de Vera |
Gobernador de Filipinas 1589 - 1593 |
Sucesor: Luis Pérez das Mariñas e Mendoza |