Gent per Formentera | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 2007 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo, Ecosocialismo, Nacionalismo catalán |
Representación | |
Parlamento das Illas Baleares | 1 / 59 |
Consello Insular de Formentera | 9 / 17 |
Outros datos | |
Na rede | |
www.gentxformentera.org | |
Gent per Formentera (GxF, en galego: Xente por Formentera) é unha agrupación política da illa de Formentera que apareceu para concorrer ás eleccións ao concello e Consello de Formentera e ás eleccións ao Parlamento das Illas Baleares.
O seu ideario é de esquerdas, ecoloxista e nacionalista; ademais de velar polas necesidades específicas da illa.
Gent per Formentera gañou as tres eleccións ao Consello Insular de Formentera ás que se presentou, sempre con Jaume Ferrer Ribas como candidato a alcalde. En 2007 e 2011 gobernou grazas a un pacto de GxF co PSIB-PSOE. Dende 2015 goberna en solitario con maioría absoluta.
Ano | Candidato | Votos | % de votos | Escanos |
---|---|---|---|---|
2007 | Jaume Ferrer Ribas | 1.134 | 32,78% | 5 |
2011 | Jaume Ferrer Ribas | 1.662 | 44,04% | 6 |
2015 | Jaume Ferrer Ribas | 1.817 | 49,75% | 9 |
Ás eleccións ao Parlamento das Illas Baleares preséntase en coalición co PSIB-PSOE.
Ano | Candidato | Votos | % de votos | Escanos |
---|---|---|---|---|
2007 | Jaume Ferrer Ribas | 1.456 | 44,19% | 0 |
2011 | Jaume Ferrer Ribas | 1.900 | 53,99% | 1 |
2015 | Silvia Tur | 2.005 | 1 |