![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1957 ![]() Differdange, Luxemburgo ![]() |
Morte | 13 de agosto de 2018 ![]() |
Educación | Programa Internacional de Escritura ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, debuxante, xornalista, escritor, editor literario ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Georges Hausemer, nado en Differdange o 1 de febreiro de 1957 e finado en Luxemburgo o 13 de agosto de 2018[1], foi un escritor, tradutor e editor luxemburgués.
Naceu na terceira localidade do país pero medrou nas pequenas vilas de Stengefort, Péiteng, Waasserbëlleg, Mäertert e Hoen. Estudou en Salzburgo e Maguncia xornalismo e filoloxía románica, especializándose en filoloxía hispánica. Dende 1984 traballou como xornalista independente, tradutor, editor e escritor. En 1993 realizou un espazo quincenal na emisora Radio 100, 7 titulado Schwaarz op wäiss e aquí presentaba numerosos reportaxes de viaxes[2].
Viviu nos Estados Unidos, onde representou a Luxemburgo no International Writing Program en Iowa en 1988, así como en España mais en Berlín, e a partir de 1995 viaxou por Asia (Tailandia, a India, o Nepal, a China), África (o Senegal, Malí, Burkina Faso, Níxer), e por América. Foi un dos membros fundadores en 1986, e ata 1991 o seu secretario, da Asociación Luxemburguesa de Escritores. No verán de 2012 fundou canda Susanne Jaspers a editorial Capybara Books. En 2017 levou o premio nacional de literatura luxemburgués, o Batty Weber. Tras dous anos batallando contra o cancro[3] feneceu na capital luxemburguesa.
En 1975 publicou o seu primeiro libro, Situationen : Lyrik und Prosa, unha colleita de poemas e narracións. De 1985 é a súa primeira novela Das Buch der Lügen. A partir de 1978 e ao longo da década seguinte realizou primeiro con Josiane Geisler e logo en solitario traducións ao alemán de ciencia ficción, e posteriormente doutros xéneros do francés, inglés e español). Ademais, escribiu textos en xornais, revistas e antoloxías. Dende 1995 publicou crónicas de viaxes en diversos xornais: Frankfurter Allgemeine Zeitung, Frankfurter Rundschau, Süddeutsche Zeitung, Neue Zürcher Zeitung, Der Standard, ou Telecran. Foi autor dun dicionario enciclopédico, o Luxemburger Lexikon (2006). A maior parte da súa obra publicouna en alemán; en luxemburgués é autor da novela Iwwer Waasser (1998) e do conto infantil Dem Sibbi seng Wierder (2008), ilustrado por Anja Thielen. Máis prolífico foi nas traducións ao luxemburgués, principalmente de libros infantís pero tamén da novela Vu Wëlwerwolz op Kalkutta (Paradiese, Überseede) de Felicitas Hoppe en 2014. Traduciu ao alemán dúas obras autor luxemburgués Roger Manderscheid a finais da década de 1990.