Georges Perrot |
|
Nacemento | 12 de novembro de 1832 Villeneuve-Saint-Georges, Francia |
---|
Morte | 30 de xuño de 1914 (81 anos) París, Francia |
---|
|
Director of École normale supérieure (Paris) (en) |
---|
1883 – 1903 ← Numa Denis Fustel de Coulanges – Ernest Lavisse → |
Q99197615 |
---|
|
Diretor adjunto (pt) Revue archéologique (en) |
---|
|
|
|
País de nacionalidade | Francia |
---|
Educación | École Normale Supérieure (1852–) |
---|
Director de tese | Bernard Pierre Maigret (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Arqueoloxía, historia, tradución, tradución do inglés e translation into French (en) |
---|
Ocupación | historiador da antigüidade clásica, historiador da arte, arqueólogo, historiador, helenista (pt) , arqueólogo clásico, profesor universitario, epigrafista, tradutor |
---|
Empregador | Universidade de París École pratique des hautes études |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Maxime Collignon |
---|
Alumnos | Maxime Collignon |
---|
|
Obras destacables |
|
|
|
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
Georges Perrot nado en Seine-et-Oise ou Villeneuve-Saint-Georges o 12 de novembro de 1832 e finado en París o 30 de xuño de 1914 foi un arqueólogo e clasicista francés.[1]
Perrot asistiu ao Liceo de Carlomagno e á École Normale Supérieure de París. En 1861, xunto co arquitecto Edmond Guillaume e o médico ambulante Jules Delbet, realizou para o Departamento de Instrución Pública unha misión científica e literaria en Grecia e Asia Menor. Durante esta expedición descubriu unha tradución ao grego do documento Monumentum Cyranum, unha versión grega do Index rerum gestarum divi Augusti ("O testamento político do emperador Augusto"). Publicou os seus achados como Souvenirs d'un voyage en Asie mineur en 1863. Isto levoulle unha gran reputación e foi nomeado profesor de retórica en Angoulême en Orleans e no Liceo Luís Magno entre 1868-1870.[1] En 1871 foi nomeado mestre da Escola Normal Superior. En 1874 foi elixido para a Academia das Inscricións e Belas Letras e en 1875 para a Sorbona . En 1888 deixa a Sorbona para ser director da Escola en 1888; os seus estudos influirían no alumno Maxime Collignon. Perrot retirouse da Escola en 1904, e foi o seu secretario perpetuo desde 1904 ata a súa morte. Converteuse en editor da revista Revue archéologique. [1]
A finais do século XIX realizou co arquitecto Charles Chipiez un gran percorrido de estudos sobre arquitectura antiga, co apoio da editorial Hachette. Esta viaxe levounos por Grecia, Turquía, Exipto, o Irán e outros países.[2][3][4][5][6][7][8][9]. Realizaron estudos de arquitectura, baseados na observación de esculturas e ruínas. A partir de 1882 comezaron a publicar unha obra importante (Histoire de l'art dans l'antiquité ) con varios volumes que ofrecen unha síntese da historia da arquitectura antiga.
- ↑ 1,0 1,1 1,2 «Perrot, Georges» (em inglês). Consultado em 21 de janeiro de 2014
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1894). History of Art in Primitive Greece: Mycenian Art, from the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Persia: From the French of Georges Perrot and Charles Chipiez (en inglés). Chapman and Hall, limited.
- ↑ Georges Perrot, Charles Chipiez (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en English). Chapman and Hall , limited.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1883). A History of Art in Ancient Egypt (en inglés). Chapman and Hall, limited.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1885). History of Art in Phœnicia and Its Dependencies (en inglés). Chapman and Hall, limited.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1884). A History of Art in Chaldæa & Assyria (en inglés). Chapman and Hall, limited.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1892). History of Art in Phrygia, Lydia, Caria, and Lycia (en inglés). Chapman and Hall, limited.
- ↑ Perrot, Georges; Chipiez, Charles (1890). History of Art in Sardinia, Judaea, Syria, and Asia Minor (en inglés). Chapman and Hall, limited.