Gerard Lopez

Modelo:BiografíaGerard Lopez
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Esch-sur-Alzette, Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiami University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, piloto de automobilismo, dirixente futbolístico Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
fútbol Editar o valor en Wikidata

Gerard Lopez (ás veces tamén escrito Gérard ou López) nado en Esch-sur-Alzette o 27 de decembro de 1971, é un empresario e home de negocios galego-luxemburgués, con inversións principalmente en novas tecnoloxías, no sector da enerxía e nos deportes.

Xunto con Eric Lux é un dos socios fundadores de The Genii Group; así como cofundador e socio director de Mangrove Capital Partners, unha firma de capital risco especializada en tecnoloxía e un dos primeiros investidores de Skype.[1] É presidente de Genii Capital e presidente e director executivo de Nekton, unha empresa investidora no sector da enerxía.[2]

A nivel deportivo é presidente e propietario do Lille OSC da Ligue 1 francesa dende 2017 e do Royal Excel Mouscron, da Primeira División de Bélxica, dende 2020. Anteriormente fora fora presidente do club luxemburgués CS Fola Esch entre 2007 e 2017, ao que levou a gañar dúas ligas luxemburguesas, sendo agora presidente honorífico.[3][4] É ademais accionista do equipo Lotus de Fórmula 1, do cal foi presidente e propietario entre 2009 e 2015.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Luxemburgo, sendo fillo dos emigrantes galegos Gerardo López e Arundina Fojaca, orixinarios de Riotorto. Mudouse logo Galicia, onde viviu ata os sete anos coa súa avoa materna en Espasande de Baixo.[6] Volveu a Luxemburgo e criouse en Esch-sur-Alzette xunto a seus pais e as súas dúas irmás. Con 17 anos marchou aos Estados Unidos para estudar na Universidade Miami de Ohio, tras obter unha bolsa para xogar ao baloncesto.[7] Alí graduouse en Sistemas de información de xestión e Xestión operativa. Desde aquela comezou un gran número de negocios, destacando unha empresa de desenvolvemento web, Icon Solutions, e unha sociedade de leasing, ProLease. Hoxe, Gerard Lopez continua a ser un investidor activo en diversas clases de capital privado, que van desde a tecnoloxía ao investimento inmobiliario. En xuño de 2012, Lopez participou na serie de Liderado no Foro Económico Internacional de San Petersburgo sobre a "Identificación da próxima gran cousa".

Fundou tamén Mangrove Capital Partners con Mark Tluszcz, sendo esta empresa un dos primeiros investidores en Skype, operación coa que gañou sobre 400 millóns de euros en só ano e medio coa súa venda a eBay en 2005.[8] En 2008 co-fundou con Éric Lux Genii Capital, unha firma de xestión do investimento privado e de asesoría financeira. Lopez é membro do consello de Wix, Zink Imaging, o equipo Lotus F1 e Lotus Group International, ademais de ser membro do Consello Consultivo da Escola de Negocios da Universidade Miami.

En 2015, fundou Nekton, unha compañía de investimentos e corretaxe no campo enerxético, activa en América do Sur, África, Asia e Europa Oriental.[9][10] Nos últimos anos aumentou os seus intereses en Rusia. É tamén presidente de Rise Capital, unha empresa controlada polo empresario ruso Igor Snegurov e que inviste en empresas público-privadas enfocadas en proxectos de infraestruturas rusas, onde os contratos construción van ao propio grupo de construción VIS de Snegurov, que a miúdo recibe apoio financeiro de Gazprom.[11]

Lopez comezou a implicarse no automobilismo a través de operacións de Mangrove coa empresa Gravity Sport Management. Tamén participou en carreiras de resistencia a través do equipo de Gravity Racing Internacional. En 2007 converteuse no novo presidente do CS Fola Esch, equipo de fútbol luxemburgués no que xogara durante a súa adolescencia.

En 2009 adquiriu o equipo Lotus da Fórmula 1 e converteuse no presidente da escudaría. O 26 de xullo de 2013 nun comunicado anunciou que "como símbolo de respecto e mostra de apoio moral" Lotus F1 conduciría coa bandeira galega no Gran Premio de Hungría de 2013 en honor ás vítimas do accidente de Angrois.[12] Foi presidente da escudaría ata 2015, cando esta foi vendida de novo a Renault, mantendo dende entón unha porcentaxe de participación.[5]

En 2017 mercou o Lille OSC da Ligue 1 francesa, sendo dende entón o presidente do club.[13] Nese momento dimitiu como presidente do Fola Esch, sendo dende entón presidente honorífico.[4][3] En xullo de 2020 converteuse tamén no propietario do Royal Excel Mouscron, da Primeira División de Bélxica.[14]

  1. "Mangrove Capital Partners: Gérard LOPEZ, Co-founder and Managing Partner" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  2. "Nekton Group" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "LOSC : Lopez signe un partenariat avec son ancien club luxembourgeois" (en francés). 10 de marzo de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Gerard López: "Houbo unha reacción de medo ou envexa pensando que ía montar algo incrible"". CRTVG. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Renault compra Lotus y volverá en 2016" (en castelán). 3 de decembro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  6. Rodríguez, Jesús (27 de decembro de 2015). "Gerard López, manual para hacerse millonario". El País (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  7. "Gerard López: "La venta de jugadores es la fórmula para reforzar el equipo"" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  8. "Un millonario gallego: Gerard López, manual para hacerse millonario" (en castelán). 28 de decembro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  9. "Nekton Group prend 50% de Rise Capital: Le pétrole, nouveau pari de Gérard Lopez" (en francés). 15 de xuño de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  10. "Skype financier Gerard Lopez to lead new Russia-focused infrastructure investment group" (en inglés). 16 de xuño de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  11. ""Газпром" поделит дорогу-дублер МКАД "на своих"?" (en ruso). 30 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  12. Comunicado[Ligazón morta] en honor das vítimas do accidente de Angrois (en inglés)
  13. "El empresario gallego Gerard López, nuevo dueño del Lille". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  14. "Gerard López aterriza en el fútbol belga: el empresario gallego compra el Mouscron". El Correo Gallego (en castelán). 21 de xullo de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]